O día da Paz, os
alumnos e alumnas de terceiro e cuarto fixemos unha viaxe imaxinaria a un país
moi fermoso , situado en América do Sur: Perú.
A través distintas fotografías, a profe Bea falounos da súa experiencia como
voluntaria dunha ONG chamada INTI.
Con esta ONG viaxou
ao Perú duas veces. Inti é unha palabra
quechua que significa sol.
Na nosa viaxe observamos como son os nenos e nenas que viven na serra
do Perú, como son as súas casas, tan
diferentes as nosas! E como lles gusta xogar coma nós a pesar de haber tantas
diferenzas.
Ademáis,admiramos as paisaxes e adentrámonos en Iquitos nunha barca que
subía polo Amazonas.
Entramos en
zona de selva no Machu Pichu e sorprendeunos a súa flora e a súa fauna
tan fermosa. Tamén o seu arte.
Ao finalizar o
percorrido, houbo un turno de preguntas moi interesantes e curiosas.
MOITÍSIMAS GRAZAS PROFE BEA!
En primeiro lugar por ser tan solidaria e en degundo lugar por ser tan xenerosa e compartirlo con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario