viernes, 14 de febrero de 2014
San Valentín
Este venres 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín. Nas clases de Arts and Crats elaboramos unhas postais moi orixinais con distintos tipos de materiais. Aquí tendes un bonito vídeo para ver o resultado.
domingo, 2 de febrero de 2014
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
Este trimestre empezamos investigando sobre AS PLANTAS, e seguimos co SISTEMA SOLAR.
Temos que dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración porque os traballos son moi creativos e orixinais. Quedounos o corredor cheo de fantásticos traballos que expusemos na clase e aprendemos todos de todos.
Temos que dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración porque os traballos son moi creativos e orixinais. Quedounos o corredor cheo de fantásticos traballos que expusemos na clase e aprendemos todos de todos.
sábado, 1 de febrero de 2014
DÍA DA PAZ
Este xoves, 30 de xaneiro, celebramos, un ano máis, o Día da Paz no noso centro.
Como non podía ser doutra maneira, este ano lembramos a Nelson Madela, recentemente falecido. Nas titorías pasáronse diferentes vídeos da súa impresionante vida e traballáronse esas frases, convertidas xa en sentenzas, que el, en diferentes etapas da súa vida pronunciou e que están cheas de sabiduría, xustiza e bondade. Estas frases foron expostas nun vistoso mural no vestíbulo do cole.
"A educación é a arma máis potente para cambiar o mundo"
" A maior gloria non é nunca caer, senón erguerse sempre"
" Gústanme os amigos que teñen pensamentos independentes, porque adoitan facerche ver os problemas dende todos os ángulos"
"A arma máis potente non é a violencia, senón falar coa xente"
"Debemos situar a erradicación da pobreza no primeiro lugar das prioridades mundiais.

No patio cantamos dúas cancións:
- "Mandela Day" de Simple Minds
- "Campás pola Paz"de Pan de Millo.
Pero isto non foi todo, tivemos unha gran sorpresa!
O alumnado da Asociación Juán XXIII de Cangas deleitáronnos cunha marabillosa obra de teatro:
"O CIRCO DOS ESQUECIDOS"
Foi unha obra cargada de tenrura e profesionalidade. Unha preciosa metámofora que nos fai reflexionar que, polo xeral, esquecémonos que hai persoas diferentes das que temos moitísimo que aprender.Grazas por compartirla con nós. Agora sabemos que todo o mundo é CAPAZ de facer algo bo.
O noso alumnado tamén quixéronvos agasallar cun colar do símbolo da Paz feito con plastilina.
Aquí vos deixamos toda a obra de teatro para que disfrutes tanto como nós.
Grazas pola visita, encantounos artistas!!
lunes, 27 de enero de 2014
CONVIVENCIA ENTRE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Este venres 24 de xaneiro tivemos a gran sorte de recibir no Bibliocastelo a un grupo de alumnos e alumnas do Ceip Carballal de Marín. Foi unha experiencia marabillosa na que os rapaces e rapazas do 2º ciclo fixeron novas amizades e compartiron momentos de lecer. Organizamos unha serie de actividades para darlles a benvida. Poidemos compartir con eles libros, merenda e agasallos como se pode ver nesta presentación e fotografías:
Como fin de festa, todo o centro asistiu cos novos amigos a un concerto no Centro Social do Mar de Bueu. Alí acompañamos a Victor, Marta e Laura cantando as cancións do disco TAMBO que tanto nos gustan:
jueves, 9 de enero de 2014
MUSEO DO MAR DE VIGO
Despois dunhas merecidas vacacións de Nadal, tocou regresar outra vez ás aulas. E sen dúbida a mellor maneira de empezar o segundo trimestre, foi indo de excursión ao Museo do Mar de Vigo. Unha vez alí participamos en dous obradoiros, a 3º A tocounos mergullarnos no fondo mariño e a 3ºB descubrir as tradicións mariñeiras.
Aprendemos moito sobre o mar e o seu entorno dunha forma moi dinámica e divertida. Estivemos visitando o pequeno pero fascinante acuario con peixes da nosa ría, así como tamén puidemos observar o esquelete dun cachalote.
Ao día seguinte tocounos aos de cuarto.
Esta vez, mentres os de 4ºA percorrimos o museo para coñecer diferentes tipos de embarcacións, artes de pesca ou formas de conservar o peixe, os de 4ºB fomos coñecer o fondo mariño. Pasámolo xenial sendo os protagonistas das diferentes actividades que nos propoñían os monitores.
Igual que o fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro o día anterior, quedamos abraiados polo impresionante esqueleto de cachalote e gozamos no acuario descubrindo xurelos, fanecas, lenguados, rodaballos e ata algunha pequena quenlla.
O día non nos puido saír mellor pois, ao saír do museo, o sol brillaba con forza, así que fomos merendar ao paseo da praia de Samil.
Así da gusto comezar!
![]() |
| No fondo mariño. 3º A |
![]() |
| 3º A |
![]() |
| Vendo o esqueleto do cachalote. 3º B |
martes, 31 de diciembre de 2013
NADAL 2013
NADAL 2013
Co gallo do Nadal, o venres 20 de decembro celebramos os tradicionais obradoiros. E como todos os anos, pasámolo xenial! Cantamos, bailamos, xogamos, comemos...e ata viñeron visitarnos os Reis Magos.
Dende o CEIP PLURILINGÜE A PEDRA queremos desexarvos un FELIZ 2014.
E como mostra do ben que o pasamos...
Co gallo do Nadal, o venres 20 de decembro celebramos os tradicionais obradoiros. E como todos os anos, pasámolo xenial! Cantamos, bailamos, xogamos, comemos...e ata viñeron visitarnos os Reis Magos.
Dende o CEIP PLURILINGÜE A PEDRA queremos desexarvos un FELIZ 2014.
E como mostra do ben que o pasamos...
domingo, 22 de diciembre de 2013
LUNA
ADIVINA ADIVINANZA
Su boca es cuarto menguante,
cuando ríe,
O luna llena,
cuando atiende.
Pero Luna no es un satélite
que Luna es un sol.
A veces es tortuga elegante,
a veces lento caracol,
pero con su mente vuela
y llega donde no llego yo.
Pero luna no es un satélite
que Luna es un sol.
Siempre con la sonrisa en la cara
y sus ventanas abiertas de par en par
mira, maravillada la vida pasar
y la vida, a ella, la ve llegar.
Pero Luna no es un satélite
que Luna es un sol.
Un sol que alumbra
pero no ciega.
Un sol que calienta
pero no quema
Para llegar a esta Luna
no tienes que ser astronauta,
solo tienes que ser alegre
y tener buen corazón.
Porque Luna no es un satélite
que Luna es un sol.
SOLUCIÓN
Mi querida alumna,
la sin par Luna.
Luna , Lúa, Luiña, Lueira, os teus compañeiros e compañeiras,e os teus profes desexámoste toda a sorte do mundo nesta nova andaina que comezas co novo ano.
sábado, 21 de diciembre de 2013
BO NADAL E FELIZ 2014
Con estes bonitas postais, recollidas de entre outras tan fermosas, o alumnado de 2º ciclo deséxanos que pasemos estas festas ao lado dos nosos seres queridos, e que o próximo ano sexa máis xusto e mellor.
"Por un mundo máis xusto no que esteamos todos máis a gusto"
" O mellor Nadal é o que sintes no teu corazón"
"Desexo que este ano que entra veña cheo de verdade, paz, xustiza e ningunha dor"
" O lugar máis bonito do mundo é aquel onde tes a alguén a quen querer e alguén que te queira"
"Por un mundo máis xusto no que esteamos todos máis a gusto"
" O mellor Nadal é o que sintes no teu corazón"
"Desexo que este ano que entra veña cheo de verdade, paz, xustiza e ningunha dor"
" O lugar máis bonito do mundo é aquel onde tes a alguén a quen querer e alguén que te queira"
domingo, 24 de noviembre de 2013
VISITA AO MUSEO MASSÓ
Sempre que recibimos a noticia de que imos saír do cole é un motivo de
alegría. Ir a un museo en Bueu non nos parecía a mellor das ideas. Se nos
preguntaran diríamos que preferiríamos ir en autobús a calquera lugar. Pero
menos da unha pedra.
Pois iso, o pasado xoves,
21 de novembro, o alumnado de 4º e o venres 25, o alumnado de 3º fomos a un "Obradoiro sobre as Baleas" ao Museo Massó da nosa vila. O sorprendente foi, que
aparte de aprender moitas cousas sobre este mamífero mariño, pasámolo xenial
facendo, coa técnica de collage, uns murais sobre a caza e sobre as baleas en
liberdade. Hai quen oíu dicir a algún compañeiro que esta fora a saída que máis
lle gustou en moito tempo.
É importante salientar que a nosa conciencia ecoloxista reforzouse tras escoitar que a caza deste xigantesco cetáceo estivo a punto de acabar coa especie. O alumnado DE 2º ciclo do CEIP A PEDRA a unha soa voz gritamos:
NON Á CAZA DAS BALEAS!
lunes, 11 de noviembre de 2013
CHEGOU O SAMAÍN!
Como todos os anos chegou ao noso cole o Samaín.
a ENTRADA DO COLE VOLVEUSE ENCHER DE TERRORÍFICAS CABAZAS. Este curso o noso proxecto "Entre Viñetas" está relacionado cos Cómics, polo que todos trouxeron os seus cabazos decorados dun personaxe. A orixinalidade das familias sempre nos abraian : Mortadelo e Filemón, Asterix e Obelix, Spiderman, Doraemon, Xerónimo Stilton...
Nas aulas, entre todos elaboraramos o noso peor pesadelo, que penduramos no mural da entrada, no Castelo do Pesadeloooo.
Unha vez máis, agradecer ás familias a súa colaboración porque sen vós nada disto sería posible.
Deixámosvos, a continuación, un vídeo coas imaxes recollidas ao longo da semana.
domingo, 27 de octubre de 2013
ANIVERSARIO DE PAPIRUS 2013
O aniversario da nosa mascota estase a converter,
xa, nun dos días preferidos do cole. Cada ano nos sorprende cunha nova
celebración.
O alumnado do 2º ciclo fomos invitados, igual
que o resto de nenos e nenas, a ir á sala de usos múltiples. Os profes explicáronos que este ano Papirus non ía
estar con nós porque se atopaba moi ocupado gravando o disco da súa canción. No
seu lugar léronnos unha carta.
Na carta, o noso amigo, dicíanos moitas
cousas. Contaba que, cando se atopou soíño nas vacacións, empezou a remexer na biblioteca e atopou moitos debuxos del. Daquela, decidiu facer un vídeo da súa historia para que todos puideramos coñecelo mellor. Este é o resultado.
A que mola?
Tamén nos contou que, unha vez tivo rematado este traballo, saíu a explorar mundo e que chegou a outra biblioteca escolar, a do "CEIP O Carballal de Marín". Coñeceu alí as mascotas que viven alí: As tartarugas Tambo e Onza e a un Choco, sabio e moi velliño, chamado Catro Ollos.
Con eles, viviu unha apasionante aventura que está recollida nun cómic ilustrado por Trassiwolf, un prometedor xoven estudiante de Belas Artes . Prometeunos que nunhas poucas semanas poderiamos ter un exemplar do mesmo na nosa aula.
Neste colexio de Marín tamén coñeceu a Víctor, o profe de música. Fixéronse tan amigos que cando se despediron, Víctor sorprendeuno co mellor agasallo que puidera imaxinar:
A canción de Papirus.
Nun castelo de pedra gris vivía un polbo cacholán,
baixo as augas con “Catro Ollos” facía contos sen parar…
Tiña longas guedellas que peiteaba coa man
pachorrento, agarimoso, ailalelo, ailalá…
baixo as augas con “Catro Ollos” facía contos sen parar…
Tiña longas guedellas que peiteaba coa man
pachorrento, agarimoso, ailalelo, ailalá…
No “Can do Penedo” a lontra contou
unha morea de historias e a gorxa secou…
Bebeu a escachar mentres o mar desalagaba
e a tropa de peixes máis abaixo acampaba…
O polbo non se moveu
Achou un leito con forma de poza…
Alí por moitos anos esmoreceu…
Achou un leito con forma de poza…
Alí por moitos anos esmoreceu…
PAPIRUS TEN TRES CORAZÓNS:
CON UN AMA A COCOROLA
CON OUTRO Á VILA DE BUEU
E O TERCEIRO ESTÁ COS LIBROS…
Un bo día bocexando estricouse e espertou.
Os seus ollos viron contos, moitos nenos e algún Mac…
Cando a Lúa saíu, foi de rolda e revolveu.
Aquilo era unha biblio ailalelo ailalá…
A dire entrou, estaba todo espallado.
O conserxe foi correndo moi alporizado.
Buscaron o culpábel e miraron cara o ceo
e deron con Papirus que dixo todo cheo:
pendurado nesta rede de pelo
serei servidora mascota:
Benvidos sodes todos a BiblioCastelo…!!!
Finalizamos a celebración indo para a biblioteca. Ali diante do fabuloso mural pintado polo artista David, cantámoslle todos xuntos a canción, que xa todo o colexio coñece.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Este curso estamos a facer un novo proxecto, chamado "Medrando en Valores". Na páxina da biblioteca do centro tendes o enlace. Al...
-
Ola rapaces e rapazas! Son a profe Ana, como vos boto de menos!!!! Aiiii a ver se pronto voltamos á rutina. Xuntos sí podemos, xa sabedes......














