jueves, 3 de enero de 2019

PROXECTOS 4º


Neste primeiro trimestre en 4º estivemos traballando en dous proxectos. 
Por unha banda en ciencias sociais indagamos sobre todo o que sabemos sobre A AUGA, e así chamamos a este proxecto. Cada un elaborou un libro en cartolina con distintas lapelas. Mirade todo o que sabemos; os ríos de Galicia, os principais ríos de España, o ciclo da auga e os seus estados, os cursos do río e por último o vocabulario relacionado coa paisaxe de costa e coa paisaxe de interior. Todos os luns na aula de informática traballamos todo esto cos mapas flash interactivos.
 Na aula fixemos entre todos o noso mural, no que por equipos realizamos distintas actividades; indagamos onde nacen, onde desembocan e canto miden os principais ríos de Galicia e de España, debuxamos as distintas paisaxes de costa e de interior con definicións do vocabulario, debuxamos e explicamos o ciclo da auga e os seus estados... En fin, que aprendemos moitísimo sobre a importancia da auga na Terra. E para rematar elaboramos un xogo entre todos, un TRIVIAL, formulamos preguntas curtas tipo test coas súas respostas para xogar na aula e repasar todo o que sabemos dunha forma lúdica.
Mirade que ben o pasamos, recortando, pegando, buscando imaxes e información e elaborando o noso libro. 
























Non hai nada como aprender xogando!

 Por outra banda, en ciencias naturais despois de realizar a asamblea de aula, escollemos traballar As enfermidades. Ese foi o noso segundo proxecto. Votamos e a gran maioría quiso facer unha presentación dixital. Por parellas escolleron que enfermidade traballar. Como é habitual fixemos unha lista de todo o que sabíamos sobre o tema e o que nos gustaría saber. E aí empezamos a indagar e aprendemos todos de todos expoñendo oralmente aos nosos compañeiros. 
Da gusto velos traballar así, sendo eles os protagonistas da súa propia aprendizaxe e as profes pasando a un segundo plano facendo de guía.

 En 4º B tamén traballaron as enfermidades. Por parellas e por equipos escolleron distintos temas relacionados coa saúde. En diferentes cartolinas fixeron as súas presentacións, algunhas moi orixinais, incluindo xogos. Mirada que ben quedaron!











MOI BO TRABALLO! ;)








OBRADOIROS DE NADAL!




Un ano máis chegaron as tan ansiadas vacacións de Nadal e que mellor forma de rematar que pasar un gran día gozando cos distintos obradoiros.
 Estivemos co mago Ramón, onde quedamos coa boca aberta cos seus estupendos trucos de maxia. Despois con Lorenzo, co que realizamos varios instrumentos cunhas botellas e con envases de iogures. A continuación con Eliot, onde xogamos por equipos a resolver distintos enigmas sobre o Nadal. E por último un obradoiro decorativo coa profe María, onde escollemos decorar a Rudolf, unha campá ou un boneco de neve.

Mirade que ben o pasamos!


















E a festa non rematou aquí, as nosas Maxestades os Reis Magos visitaron o noso centro e cantamos unhas tradicionais panxoliñas. Nas aulas, despedimos o trimestre cunha boa festa enchendo as mesas con produtos típicos navideños.


                            FELIZ 2019!












sábado, 22 de diciembre de 2018

CONTACONTOS "AVÓS"


Os nenos e nenas 3ºB, convertímonos nuns auténticos CONTACONTOS.
O  pasado mércores, 19 de decembro, baixamos ao cole de E. Infantil, e alí nos estaban esperando os máis pequenos de A Pedra. Contámoslle o conto "AVOS", que con tanto cariño preparáramos nos días previos. Sabiamos, que  OS LARETAS, estaban levando a cabo un proxecto de convivencia coas persoas de maior idade da vila, así que a elección desta tenra historia foi perfecta.
UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!








Ao día seguinte foron os Laretiñas os que nos visitaron a nós,  na nosa clase. Podemos asegurarvos que xa somos amigos para sempre.



O APALAPADOR

A profe Lina apareceu o pasado mércores cun armatroste rarísimo na clase de 3ºA. Explicounos que era un Kamishibai, e que era un xeito de contar historias inventada polos xaponeses. 
A continuación captou toda a nosa atención cando, tras sentarse nunha cadeira empezou a contarnos o conto do APALPADOR. Soubemos que este home baixa a noite de NOITEBOA, das montañas de Lugo e achégase ás casas dos cativos. Tras apalparlle a barriga, de aí o seu nome, déixalle unha presa de castañas, e ultimamente tamén algún agasallo.
GRAZAS PROFE LINA! ENCANTOUNOS!



martes, 4 de diciembre de 2018

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA EN GALEGO

Un ano máis, as páxinas deste blog, fanse eco das guías de lectura e música, elaborada polos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
Neste tríptico poderedes atopar unhas fantásticas ideas para agasallar lectura e música en galego, non só no Nadal, senón en calquera época do ano. Trátase principalmente das novidades e redicións dos últimos doce meses.
Agradecer a Marc Taeger, pai de dúas alumnas do noso centro, o fermoso deseño da portada que vén presidida polo lema:  LEO, LEO, LEO, MEDRO, MEDRO, MEDRO.
Estas son as recomendacións para o alumnado de PRIMARIA, INFANTIL E SECUNDARIA. en todas hai tamén suxestións para os ADULTOS:


VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...