martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013


Non era difícil de adiviñar. Este ano todo o alumnado do colexio A Pedra disfrazámonos dos diferentes personaxes de conto como parte do Proxecto de Contos Clásicos que se ven realizando dende o comezo do curso.  
  Así, o pasado 8 de febreiro, as rúas de Bueu enchéronse de Porquiños, Pinochos, Gepettos,  Peter Pans, Campaíñas, Brancaneves, Ananiños, Madrastas, Príncipes, Cartas, Alicias, Coelliños, Raíñas de Corazóns, Sombrereiros Tolos, ...




















 Durante toda a semana previa ao desfile o colexio estivemos vivindo o entroido con sinais como.
  • O luns pispireto píntate o careto.
  • O martes atrevido un gorro divertido.
  • O mécores saboroso algo no pescozo
  • O xoves do revés trae algo nos pes.
No segundo ciclo preparamos a nosa canción de comparsa
AI HO ! DE "A PEDRA"
Sumar, sumar
restar, multiplicar 
e dividir,
xa estamos 
máis que fartos
de ler e de escribir.

Quen fale máis
castigado estás.
Se non o fas 
ao recreo non vas.

A CALAR!
SENTA BEN!
SEMPRE IGUALLLLLLLLL!
TRABALLARRRRR!
OUTRA BRONCA MÁÁÁÁÁÁÁIS!

Sumar, sumar
restar, multiplicar 
e dividir,
xa estamos 
máis que fartos
de ler e de escribir.

Pingueiras hai no pavillón
no patio pozas un millón
e sen saber `por que razón
vimos con ilusión

AI HO!
AI HO!
AI HO!

Chegou, chegou
a hora de descansar
na na na na
na na na 
ai ho, ai ho
ai ho, ai ho
a casa xa me vou.
(Silbidos) 




domingo, 3 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ


O tempo dounos unha tregua e permitiu que todo o alumnado  do colexio “A Pedra” puidéramos reunirnos na pista para celebrar como cada ano o Día da Paz. Todos xuntos cantamos “One day” de Matisyahu e “ O Mundo é Grande” de Mamá Cabra.

Previamente os nenos de primaria leron os manifestos que fixeran cada un nas súas aulas e que este ano ían de cómo podemos protexer a paz.

A verdade que resultou un acto moi emotivo e que rematou coa solta de pombas. Unha de elas debía estar moi a gusto porque tardou en saír e primeiro deuse un paseo polo patio entre as risas e os aplausos de tantos nenos e nenas.

 PREPARADOS PA RA LER OS MANIFESTOS


 MANIFESTO DE 3º A

  
MANIFESTO DE 3º B


MANIFESTO DE 4º A E 4º B

   
A POMBIÑA ATOPÁBASE MOI A GUSTO
ENTRE NÓS

  MURAL DE DINAMIZACIÓN COS MANIFESTOS 
DE TODAS AS AULAS  

3º A PROPÓN PROTEXER ASÍ A PAZ   


  
3º A PROPÓN QUE NON LLE FAGAMOS AOS DEMAIS O 
QUE NON NOS GUSTA QUE  NOS FAGAN A NÓS


4º B DI QUE NOS VALE CON ESCOITAR A 
CANCIÓN DE MAMÁ CABRA
"0 MUNDO É GRANDE"  E FACER O QUE A CANCIÓN 
NÓS DI

   
4ºB E MÁIS ESTROFAS DA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA

   
4º A LÉMBRANOS CON ESTA BONITA MONTAXE 
QUE TODOS SOMOS IGUAIS.

  
4º A EMPREGA ESTA PALBRA TAN BONITA 
"COMPARTIR"


3º B LÉMBRANOS O INÚTIL QUE SON AS ARMAS 


3ºB TAMÉN NÓS DI QUE A CASA É A MESMA PARA TODOS
" O PLANETA TERRA"

   
MURAL COA LETRA DE "ONE DAY"

MURAL DA BIBLIOTECA. NAS MANS ESTÁN EXPRESADAS
 DISTINTAS  MANEIRAS DE RESOLVER CONFITOS NOS 
CONTOS CLÁSICOS

domingo, 27 de enero de 2013

CONFECCIONANDO DISFRACES


O pasado martes as aulas do segundo ciclo enchéronse, pero non dos habituais usuarios , non, desta vez foron as nais, as avoas, irmáns e os pais,  os que se sentaron nas cadeiras para cortar pegar, grampar, dobrar e incluso coser os disfraces de ananiños e Brancaneves. Podémos asegurarvos que pasamos unha tarde moi  agradable só tedes que contemplar as fotos para comprobalo. O profesorado so vos podemos dar as
GRAZAS!!!!!

jueves, 27 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS!

O ALUMNADO DE TERCEIRO DESÉXANOS CON ESTAS BONITAS POSTAIS TODO O MELLOR.
Noraboa a todas as familias que elaboraron con tanto cariño e esmero este bonitos traballos plásticos e redactaron os fermosos textos cos mellores desexos para estas festas e para o vindeiro ano.


lunes, 24 de diciembre de 2012

Xa chegan os reis

Dentro dun pouquiño, chegarán as súas altezas,
                         dispostos con agasallos e bos desexos nas maxia gardada nas súas capas.
                                         Pero so para os nenos que se portaran ben este 2012.
O colexio `A Pedra´ desexavos a todos que vos repartan moitos regalos, e que volo pasedes ben estas festas, Feliz Navidade, Ano Novo e Reis.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Bo Nadal 2012

Aquí vos deixamos os nosos desexos de felicidade para vos e para as vosas familias de parte do profesorado do colexio.

domingo, 25 de noviembre de 2012

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE BUEU

O pasado venres 23 de novembro os alumnos e alumnas do segundo ciclo do colexio " A Pedra", tivemos a sorte de poder escoitar un concerto da Banda de Música do Concello de Bueu.
Había na Banda moitos ex alumnos do cole pero tamén había nenos e nenas que están actualmente no centro. Entre eles, dous pertencen ao noso ciclo, Lucía de 3º B e Gabriel de 4º A.
Esperemos que moitos de nós, despois de escoitar as fermosas pezas coas que nos deleitaron, estemos dispostos a formar parte deste grupo nun futuro próximo.


VOLVEDE SEMPRE QUE POIDADES!

MOVEMBER 2012







Nas clases de Arts and Crafts estivemos traballando o tema da prevención das enfermidades. Megan, a auxiliar de conversa norteamericana, explicoulle aos nenos e nenas que íamos construír uns "moustaches" para explicarlle a todos os nos achegados varóns que deben acudir ao médico con frecuencia para facer controis rutinarios e prever enfermidades graves. Por iso en vez de chamarlle a este mes November iamos chamarlle Movember. Desta maneira as chicas convertíronse en " Mosista" e os chicos en "Mobro".

NOVEMBRO 2012

Se rematabamos o mes de outubro co Samaín o comezo de novembro non puido ser mellor. Xa na primeira semana tivemos a oportunidade gozar do MAGOSTO, grazas ao tempo que nos acompoñou nun día precioso. Se as castañas estaban boísimas, os xogos estiveron todavía mellor. Durante hora e media pasamos por oito xogos diferentes onde non faltaron os saltos e as gargalladas e onde todos e todas sentímonos gañadores. Houbo algún rapaz que se atreveu a dicir que fora o día que mellor o pasara na súa vida.









VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...