lunes, 27 de enero de 2014

CONVIVENCIA ENTRE BIBLIOTECAS ESCOLARES.



Este venres 24 de xaneiro tivemos a gran sorte de recibir no Bibliocastelo a un grupo de alumnos e alumnas do Ceip Carballal de Marín. Foi unha experiencia marabillosa na que os rapaces e rapazas do 2º ciclo fixeron novas amizades e compartiron momentos de lecer. Organizamos unha serie de actividades para darlles a benvida. Poidemos compartir con eles libros, merenda e agasallos como se pode ver nesta presentación e fotografías:














Como fin de festa, todo o centro asistiu cos novos amigos a un concerto no Centro Social do Mar de Bueu. Alí acompañamos a Victor, Marta e Laura cantando as cancións do disco TAMBO que tanto nos gustan:










 
 
 
FOI UNHA GRAN FESTA!

jueves, 9 de enero de 2014

MUSEO DO MAR DE VIGO





Despois dunhas merecidas vacacións de Nadal, tocou regresar outra vez ás aulas. E sen dúbida a mellor maneira de empezar o segundo trimestre, foi indo de excursión ao Museo do Mar de Vigo. Unha  vez alí participamos en dous obradoiros, a 3º A tocounos mergullarnos no fondo mariño e a 3ºB descubrir as tradicións mariñeiras.
Aprendemos moito sobre o mar e o seu entorno dunha forma moi dinámica e divertida. Estivemos visitando o pequeno pero fascinante acuario con peixes da nosa ría, así como tamén puidemos observar o esquelete dun cachalote.

Ao día seguinte tocounos aos de cuarto.
Esta vez, mentres os de 4ºA percorrimos o museo para coñecer diferentes tipos de embarcacións, artes de pesca ou formas de conservar o peixe, os de 4ºB fomos coñecer o fondo mariño. Pasámolo xenial sendo os protagonistas das diferentes actividades que nos propoñían os monitores.
Igual que o fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro o día anterior, quedamos abraiados polo impresionante esqueleto de cachalote e gozamos no  acuario descubrindo xurelos, fanecas, lenguados, rodaballos e ata algunha pequena quenlla.
O día non nos puido saír mellor pois, ao saír do museo, o sol brillaba con forza, así que fomos merendar ao paseo da praia de Samil.


Así da gusto comezar!


No fondo mariño.   3º A




3º A




Vendo o esqueleto do cachalote.  3º B

martes, 31 de diciembre de 2013

NADAL 2013

                                       NADAL 2013


Co gallo do Nadal, o venres 20 de decembro celebramos os tradicionais obradoiros. E como todos os anos, pasámolo xenial! Cantamos, bailamos, xogamos, comemos...e ata viñeron visitarnos os Reis Magos.


Dende o CEIP PLURILINGÜE A PEDRA queremos desexarvos un  FELIZ 2014.

E como mostra do ben que o pasamos...

domingo, 22 de diciembre de 2013

LUNA

ADIVINA ADIVINANZA

Su boca es cuarto menguante,
cuando ríe,
O luna llena,
cuando atiende.

Pero Luna no es un satélite
que Luna es un sol.

A veces es tortuga elegante,
a veces lento caracol,
pero con su mente vuela
y llega donde no llego yo.

Pero luna no es un satélite
que Luna es un sol.

Siempre con la sonrisa en la cara
y sus ventanas abiertas de par en par
mira, maravillada la vida pasar
y la vida, a ella, la ve llegar.

Pero Luna no es un satélite
que Luna es un sol.

Un sol que alumbra
pero no ciega.
Un sol que calienta
pero no quema

Para llegar a esta Luna
no tienes que ser astronauta,
solo tienes que ser alegre
y tener buen corazón.

Porque Luna no es un satélite
que Luna es un sol.

SOLUCIÓN
Mi querida alumna,
la sin par Luna.


Luna , Lúa, Luiña, Lueira, os teus compañeiros e compañeiras,e os teus profes desexámoste toda a sorte do mundo nesta nova andaina que comezas co novo ano.

sábado, 21 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ 2014

Con estes bonitas postais, recollidas de entre outras tan fermosas, o alumnado de 2º ciclo deséxanos que pasemos estas festas ao lado dos nosos seres queridos, e que o próximo ano sexa máis xusto e mellor.

"Por un mundo máis xusto no que esteamos todos máis a gusto"

" O mellor Nadal é o que sintes  no teu corazón"

"Desexo que este ano que entra veña cheo de verdade, paz, xustiza e ningunha dor"

" O lugar máis bonito do mundo é aquel onde tes a alguén a quen querer e alguén que te queira"




domingo, 24 de noviembre de 2013

VISITA AO MUSEO MASSÓ

   Sempre que recibimos a noticia de que imos saír do cole é un motivo de alegría. Ir a un museo en Bueu non nos parecía a mellor das ideas. Se nos preguntaran diríamos que preferiríamos ir en autobús a calquera lugar. Pero menos da unha pedra.
   Pois iso, o pasado xoves, 21 de novembro, o alumnado de 4º e o venres 25, o alumnado de 3º fomos a un "Obradoiro sobre as Baleas" ao Museo Massó da nosa vila. O sorprendente foi, que aparte de aprender moitas cousas sobre este mamífero mariño, pasámolo xenial facendo, coa técnica de collage, uns murais sobre a caza e sobre as baleas en liberdade. Hai quen oíu dicir a algún compañeiro que esta fora a saída que máis lle gustou en moito tempo.
   É importante salientar que a nosa conciencia ecoloxista reforzouse tras escoitar que a caza deste xigantesco cetáceo estivo a punto de acabar coa especie. O alumnado DE 2º ciclo do CEIP A PEDRA a unha soa voz gritamos:

NON Á CAZA DAS BALEAS!



lunes, 11 de noviembre de 2013

CHEGOU O SAMAÍN!




Como todos os anos chegou ao noso cole o Samaín
a ENTRADA DO COLE VOLVEUSE ENCHER DE TERRORÍFICAS CABAZAS. Este curso o noso proxecto "Entre Viñetas" está relacionado cos Cómics, polo que todos trouxeron os seus cabazos decorados dun personaxe. A orixinalidade das familias sempre nos abraian : Mortadelo e Filemón, Asterix e Obelix, Spiderman, Doraemon, Xerónimo Stilton...

 Nas aulas, entre todos elaboraramos o noso peor pesadelo, que penduramos no mural da entrada, no Castelo do Pesadeloooo.

Unha vez máis, agradecer ás familias a súa colaboración porque sen vós nada disto sería posible.

  Deixámosvos, a continuación, un vídeo coas imaxes recollidas ao longo da semana.


domingo, 27 de octubre de 2013

ANIVERSARIO DE PAPIRUS 2013

O aniversario da nosa mascota estase a converter, xa, nun dos días preferidos do cole. Cada ano nos sorprende cunha nova celebración.
O alumnado do 2º ciclo fomos invitados, igual que o resto de nenos e nenas, a ir á sala de usos múltiples. Os profes  explicáronos que este ano Papirus non ía estar con nós porque se atopaba moi ocupado gravando o disco da súa canción. No seu lugar léronnos unha carta.


Na carta, o noso amigo, dicíanos moitas cousas. Contaba que, cando se atopou soíño nas vacacións, empezou a remexer na biblioteca e atopou moitos debuxos del. Daquela, decidiu facer un vídeo da súa historia para que todos puideramos coñecelo mellor. Este é o resultado.






A que mola?
Tamén nos contou que, unha vez tivo rematado este traballo, saíu a explorar mundo e que chegou a outra biblioteca escolar, a do "CEIP O Carballal de Marín". Coñeceu alí as mascotas que viven alí:  As tartarugas Tambo e Onza e a un Choco, sabio e moi velliño, chamado Catro Ollos. 
Con eles, viviu unha apasionante aventura que está recollida nun cómic  ilustrado por Trassiwolf, un prometedor xoven estudiante de Belas Artes  . Prometeunos que nunhas poucas semanas poderiamos ter un exemplar do mesmo na nosa aula.
Neste colexio de Marín tamén coñeceu a Víctor, o profe de música. Fixéronse tan amigos que cando se despediron, Víctor sorprendeuno co mellor agasallo que puidera imaxinar:
 A canción de Papirus.

Nun castelo de pedra gris vivía un polbo cacholán,
baixo as augas con “Catro Ollos” facía contos sen parar…
Tiña longas guedellas que peiteaba coa man
pachorrento
, agarimoso, ailalelo, ailalá…

No “Can do Penedo” a lontra contou
unha morea de historias e a gorxa secou…
Bebeu a escachar mentres o mar desalagaba
e a tropa de peixes máis abaixo acampaba…
O polbo non se moveu
Achou un leito con forma de poza…
Alí por moitos anos esmoreceu…

PAPIRUS TEN TRES CORAZÓNS:
CON UN AMA A COCOROLA
CON OUTRO Á VILA DE BUEU
E O TERCEIRO ESTÁ COS LIBROS…

Un bo día bocexando estricouse e espertou.
Os seus ollos viron contos, moitos nenos e algún Mac…
Cando a Lúa saíu, foi de rolda e revolveu.
Aquilo era unha biblio ailalelo ailalá…

A dire entrou, estaba todo espallado.
O conserxe foi correndo moi alporizado.
Buscaron o culpábel e miraron cara o ceo
e deron con Papirus que dixo todo cheo: 
pendurado nesta rede de pelo
serei servidora mascota:
Benvidos sodes todos a BiblioCastelo…!!!

Finalizamos a celebración indo para a biblioteca. Ali diante do fabuloso mural pintado polo artista David,  cantámoslle todos xuntos a canción, que xa todo o colexio coñece. 





jueves, 19 de septiembre de 2013

BENVIDA A CHEGADA DUN NOVO CURSO

Chegou o momento de comezar!

                                               
       AULA DE 3º A




AULA DE 3º B





AULA DE 4º A



AULA DE 4º B

sábado, 29 de junio de 2013

LIBRO VIAXEIRO

Lembrádesvos de Martiño e de Rosiña? Como acabou a aquela historia que  axudamos a construír? 
Pois aquí está o resultado final desta 
"AVENTURA MONSTROSA"
 da que somos autores todos os nenos e nenas do 
"CEIP PLURILINGÜE A PEDRA".

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...