sábado, 17 de marzo de 2012

GRAZAS RAMÓN !


O noso mago Ramón colleu a súa variña máxica e CHIS CHAS ... converteuse no profesor Ramón.
Os nenos e nenas de 3º estábamos a estudar as plantas na área de coñecemento do medio. Así que Ramón ofreceunos unha clase maxistral ao aire libre, que nos fixo saír da rutina diaria.
Ensinounos moitas cousas interesantes no xardín do noso cole. As difencias entre as plantas herbáceas e plantas leñosas. Cómo se reproducen as plantas, incluso levamos para as nosas clases varias plantas con escallos de hortensia e outras.
Colleu diferentes plantas e ensinounos varios olores. E para finalizar a clase, o máis divertido!!! Escollemos a semente que nós quixemos e plantámola nós mesmos no envase.
Que contentos íamos coas nosas plantiñas!!!!

GRAZAS RAMÓN POR COMPARTIR CON NÓS A TÚA SABEDORÍA. FOI UN PRACER!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...