O pasado 7 de marzo, os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo do colexio "A Pedra" acudimos a ver unha obra de teatro ao auditorio dos Salesianos de Vigo.
Calquera saída do colexio é para nós un motivo de emoción e esta non era para menos. A obra era en inglés e sempre temos a incertidume de si entenderemos ou non.
A realidade foi que non só entendemos todo senón que tamén nos divertimos un montón. Era a historia de Robin Hood, que nós xa coñeciamos e que ademais traballáramola nas clases de inglés.
Os actores eran fantásticos e mantuveron a nosa atención durante todo o tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario