Dende o comezo do curso,
e máis aínda dende que as profes nos confirmaron lugar e data estabamos
desexando que chegase esta saída.
Ese día non fixo falta que nin mamá nin papá
insistisen para que nos ergueramos da cama. A mañá estaba preciosa. Despois
dun montón de días grises, o sol brillaba con forza.
O que máis nos facía ilusión eran as Termas de Ourense. Moitos de nós xa foramos, pero
outros moitos non. Non nos decepcionou.
Todo o contrario. Pasámolo xenial! Dunha poza a outra sen parar. A pesar da
calor, todos preferiamos as pozas quentes. Sinceramente se nos tiveran preguntado
quedariamos toda xornada alí.
Fomos xantar a Allariz, a beira do río Arnoia, e
despois pasamos a tarde visitando o Museo dos Xoguete, do Liño e o Festival
de Xardíns.
O día rematou demasiado cedo. Pero tamén
debemos dicir que estabamos esgotados.
Unha mención especial para os nenos e nenas de cuarto que rematan ciclo. Desexamos que a vosa estadía neste segundo ciclo estea chea de boas lembranzas.
Unha mención especial para os nenos e nenas de cuarto que rematan ciclo. Desexamos que a vosa estadía neste segundo ciclo estea chea de boas lembranzas.
BOTARÉMOSVOS DE MENOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario