domingo, 9 de junio de 2013

VIOLETA MONREAL

                O pasado xoves 6 de xuño chegou ao noso cole Violeta Monreal. Os primeiros en recibila foron os nenos e nenas do primeiro ciclo, e tras eles fomos nós. E como se estivesemos nunha obra de teatro, empezou a función. Traía unha maleta pequena cargada de distintos papeis de cores, daba igual que papel utilizase, porque como se tratase dun truco de maxia, calquera dos papeis que empregaba semellaba que cobraban vida. Quedamos abraidos como se podía debuxar coas mans, ía rasgando cada papel e ía dándolle forma. 
              
               Regalounos en directo uns dos seus marabillosos collages en cartulina. Para o noso ciclo, fixo un cabalo sobre unha montaña pequena chea de flores, e todo dentro dunha orla. O resultado acadado foi espectacular. 

               Mentras ía traballando, foinos ensinando a importancia de aprender a aprender, de esforzase, de traballar un pouquiño máis cada día e de correxirnos nós mesmos.  Explicounos a diferenza entre un cerebro blando e outro ríxido cun anaco de plastilina.

              Antes de marchar deunos un agasallo pequeniño a cada un de nós, era algo moi especial para pegar nos nosos libros. Encantounos!!
Nós tamén a sorprendemos cantando "Cumpreanos feliz", porque xusto ese día era o seu aniversario.

             E para rematar só temos que dicir grazas. Grazas por compartir con nós o teu tempo e grazas por mostrarnos o teu arte. Ata pronto Violeta!

Aquí deixamosvos un vídeo das dúas sesións, do primeiro e do segundo ciclo, esperamos que vos guste.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...