O último día de cole foi un día de "sentimentos encontrados". Por un lado estabamos felices, acabábamos de representar as obras de teatro para os máis pequenos do centro, ademais empezaban as vacacións de verán pero ... tamén era o derradeiro día da nosa queridísima compañeira:
ÁFRICA.
ÁFRICA.
Todos lle escríbímos un pequeno texto para demostrarlle o noso cariño pero, primeiro empezou a emocionarse ela, e despois foi como un contaxio... acabamos todos con bágoas nos ollos. A verdade é que lle puxemos cousas preciosas porque ela sinceramente as merecía.
Seremos a clase máis traste e movida do cole pero podemos asegurarvos que estamos cheos de bos sentimentos e así llo demostramos a nosa amiga.
QUERÉMOSTE ÁFRI!
No hay comentarios:
Publicar un comentario