sábado, 3 de octubre de 2015

VISITA DE XOSÉ SOLLA


Lembrades cal foi o proxecto do curso pasado no noso colexio? 
Pois claro que si: “Lerarte”. 
Pois ben, a aula de 4ª A  eliximos traballar ao pintor morracense  Xosé Solla. Tras investigar sobre a súa obra e vida, case parecía que era un membro máis da nosa clase. Porén, quedounos unha pena moi grande pois, o desexado encontro non se puido levar a cabo porque o artista estaba en Arxentina, país ao que emigrou  hai máis de 60 anos, e ao que cada ano retorna para pasar alí o verán austral e, reencontrarse coa familia que alí formou.
Ao comezo deste curso todos sabiamos que Solla estaba en Bueu  e cada día preguntabamos por el. Este pasado venres, 2 de outubro,  por fin puidemos coñecernos e asegurámosvos que  este xuntanza superou as nosas expectativas.
Preparamos unha serie de pregunta que el nos contestou  amablemente sempre cun sorriso nos beizos, ou incluso con bágoas nos ollos cando a emoción o desbordaba:
Estas son algunhas das frases que sempre quedarán na nosa memoria.
  • "Necesito pintar igual que comer, descansar ou respirar."
  • "Os nenos e nenas tedes esa frescura, esa falta de prexuízos  que vos permite  pintar e debuxar como ningún adulto é capaz."
  • "A pintura é unha disciplina que che permite ser libre, non hai ataduras, normas ou regras."
  • "Algúns cadros  tardei anos en rematalos."
  • "Teño varios lenzos sobre o mesmo cadro que vou  pintando simultaneamente."
  • "O día que me marchei por primeira vez a Arxentina, con 22 anos, a miña nai non se ergueu da cama para despedirse porque non podía coa súa pena."
  • "Un país non volve a ser o mesmo  cando un dos seus habitantes  emigra. Pérdese un zapateiro, un médico, un  fillo, ...  Os mandatarios deberían convencelos para que se  quedaran."
  • "Sinto unha emoción moi grande cando camiño polo paseo de Portomaior que leva o meu nome."
  • "Síntome moi querido en Arxentina, porén nunca renunciei a miña nacionalidade española".














Antes de rematar a visita agasallámolo con algunhas das nosas creacións que ían cheas de dedicatorias onde lle amosamos a nosa admiración.
Estamos ansiosos por ver o mural que sobre un boceto seu vaise colocar na praza do concello de Bueu.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...