O pasado 30 de xaneiro,celebramos no cole o Día de Paz.
Aínda que todos sabemos que debemos vivir a PAZ cada momento das nosas vidas, gústanos vivir esa xornada dunha maneira especial.
Pero, o día da celebración non foi máis que o remate final a unha serie de actividades que levamos a cabo durante todo un mes. Todo comezou cando os nosos profes nos leron:
O homiño desta historia propúxonos que buscaramos noticias que falaran das cousas boas que o ser humano é quen de facer. Así o fixemos, trouxemos revistas e xornais e buscamos e reelaboramos esas novas que nos falaban dun mundo mellor:
Algunhas destas novas foron:
Todas estas noticias foron expostas no mural da entrada do cole. Sendo este o resultado final:
O homiño de papel, prometeunos que se buscabamos esas boas novas nos permitiría ver o que había dentro dunha caixa máxica e que era, sen ter ningún tipo de dúbidas o máis importante do mundo. Todos, sen excepción, dixemos que queriamos ver iso TAN IMPORTANTE!
O que había no fondo da caixa era un ESPELLO!
Esta son as caras de sorpresa que poñiamos ao saber que ERAMOS :
NÓS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario