O pasado xoves, 17 de marzo, o alumnado de cuarto fomos coñecer o centro Juan XXIII de Cangas. Trátase dun centro ocupacional e de día para persoas con discapacidade.
Recibiunos Tere, a directora do centro, que tras facernos unhas preguntas, comprobou que tiñamos unhas ideas moi anticuadas sobre o concepto e tratamento da discapacidade. Propúxose entón cambiar a nosa mentalidade, primeiro cun power point de concienciación e posteriormente cunha visita as instalacións e para, finalmente convivir nos distintos talleres cos usuarios e usuarias do centro así como cos monitores e monitoras. Cada un de nós pasamos por dous obradoiros:
- Carpintería
- Manipulados (Elaboración de alfombras)
- Cociña
- Mantemento físico
- Taller de memoria
- Taller de comunicación
- Manualidades
- Taller de emocións
Creo poder falar en nome de todos se vos aseguro que foi sen dúbida a mellor das saídas que fixemos. Primeiro porque aprendemos a respectar e admirar a estas persoas e segundo porque nos divertimos montón.
Agradecementos a Tere, Alejandra, Ana, Sara, Salva, ... tamén a Rober, Isaac, Jorge, Jacobo, Pacos, Beli, ... e tantos e tantas outras que dende agora, sodes os nosos amigos e amigas.
Ah! Por se non quedou claro a nosa mente cambiou por
completo tras este día. Agora sabemos que os usuarios deste centro saben facer
moitas cousas moito mellor que nós. Poden construír obxectos para que sexan
útiles para outras persoas, e poden aportarnos moito para que nós sexamos
mellores.
esta es la mejor asignatura, aprender a convivir con personas con otras capacidades..... me emociono viendo el video, muchas gracias por enseñarle estos grandes valores a nuestros hijos, se ve que lo han pasado genial todos. Ara
ResponderEliminar