martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO " DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo , tivemos a sorte de recibir no  noso cole a dúas supermulleres da nosa vila, con motivo de celebrar o día da muller traballadora.





Todos e todas queriamos ser Noa ou Ari, pois eran as súas avoas as que viñan a relatarnos as súas experiencias como mulleres traballadoras. 
Maricarme e Cachito relatáronnos como dende moi novas tiveron que convinar o traballo na casa co traballo fóra dela, non sen grandes dificultades. Ambas mostráronse como grandes defensoras do sexo feminino e declararon sentirse moi orgullosas de vir ao noso centro a representar aos millóns de mulleres que están nas súas condicións.
A avoa de Ari traballa en Pontevedra nun Centro de Saúde e síntese moi satisfeita de axudar a que a xente mellore a súa saúde.

A avoa de Noa traballa en Bueu, na Oficina de Correos, e
confesounos que a época que máis lle gusta é o Nadal, cando os nenos e nenas lle escriben as cartas aoe Reis Magos.
 Quedamos felices coa exposición que nos fixeron das súas vidas, así como das respostas que nos deron á infinidade de preguntas que lles fixemos.
A verdade é que as avoas de antes non son como as de agora. 
Mirade que guapas, xóvenes e modernas son!

Uns días máis tarde tivemos a sorte de recibir a Luci, a avoa de María. Contounos tamén a súa experiencia. Foi duro escoitar que con só trece aniños tivo que empezar a traballar en Vigo. 
Actualmente traballa nun hotel en Cangas e séntese moi satisfeita co seu labor. Impresionounos como dobraba as toallas. Era quen de facer coelliños, cans... 



Nos vídeos que podedes ver a continuación recóllense partes dos emotivos momentos que puidemos vivir nesta xornadas. Esperemos que estas experiencias se repitan moitas outras veces.

2 comentarios:

  1. Que vivan as súper aboas!! Que chulo!!

    ResponderEliminar
  2. Motas gradas por invitar al ABU para el fin todo un pacer ir a darvos una visita. Espero que disfrutases tanto coma ela, roí todo un honor. E unha super avoa e super mama. O que ten de pequeniña Teno de valiente traballadora, e loitadora. Un bico grande para todas esas super avoas

    ResponderEliminar

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...