O pasado mércores 18 de maio, Catuxa, voluntaria da Cruz Vermella, veu ao noso centro para impartir unha charla ao alumnado de 3º sobre primeiros auxilios.
Contoulles nocións básicas de como actuar en caso de emerxencia:
1º PAS: protexe, avisa e socorre.
2º Chamar o 112.
3ºEn caso de ter que asistir a alguén inconsciente, comprobar se respira, e poñelo en posición de seguridade.
4ºSe non respira, intentar facerlle unha RCP(reanimación cardiopulmonar).
Os nenos e nenas fixeron prácticas cun boneco, mentres cantaban a canción da "Macarena", que é o ritmo que deben seguir mentres a realizan.
Os nenos e nenas fixeron prácticas cun boneco, mentres cantaban a canción da "Macarena", que é o ritmo que deben seguir mentres a realizan.
Esperemos que toda esta información que recibiron lles sexa útil, en caso de que se atopen algún día nunha situación semellante. Nunca está de máis saber como debemos actuar nestes casos.
Grazas polas explicacións!
Grazas polas explicacións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario