Deuse ademais a casualidade de que se conmemoraba o 4º centenario da morte de Cervantes, o escritor máis ilustre da literatura castelá, grazas a súa obra cumio: "Don Quijote de la Mancha". Con tal motivo realizamos diferentes actividades e pintamos colectivamente ao Quixote e ao seu escudeiro Sancho.
Asemade investigamos sobre a figura de Jules Verne, escritor francés de literatura de ciencia fición. Verne tratou longo e tendido temas do espazo.
O alumnado de cuarto tivemos tamén a sorte de seren invitados pola organización da XX Mostra de Teatro do ensino, que este ano se celebrou no veciño instituto Joham Carballeira. Alí gozamos coa obra "Suspéndese a Sesión" de Fernando Lalana. Foi protagonizada polo alumnado do IES María Soliño de Cangas. Encantounos, rimos un montón e moitos de nós estamos decididos a formar parte cando cheguemos a ESO destes grupos de teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario