O pasado xoves 21 de abril, o alumnado de 3º visitou o Concello de Bueu. Esta actividade foi motivante, porque puidemos vivenciar de preto parte da información que foramos recompilando os días previos nas aulas.
Nada máis chegar recibiunos o señor alcalde, e explicounos un pouco como funciona o concello e que se precisa para que funcione todo correctamente. Comentou cantas parroquias ten o municipio, falou das eleccións e dos impostos, abordando as funcións máis importantes que lle competen a cada un dos traballadores do concello.

Para isto contamos coa axuda e a colaboración do alcalde Félix Juncal, da concelleira de Sanidade e Educación Teresa López, do concelleiro de Facenda José Cuervo, e do concelleiro de Obras e Servizos Fidel Castro, que recibiron con moito agarimo e atención aos nosos nenos e nenas, que son o futuro da vila. A través dun xogo, o alcalde, os concelleiros e a concelleira, contáronlle as súas labores máis destacadas, e os rapaces e rapazas, poñéndose no seu papel, as explicaron despois aos demais.
O alcalde ao remate, agasallounos cunha figura moi representativa do municipio, o faro da illa de Ons!. E como non, tamén unha dedicatoria e a firma do representante da casa do concello con máis peso, Félix Juncal.
Moitas grazas pola visita e a vosa colaboración! Foi unha mañá moi divertida, porque todo o que sexa sair da clase sempre é unha aprendizaxe máis significativa.
Moitas grazas pola visita e a vosa colaboración! Foi unha mañá moi divertida, porque todo o que sexa sair da clase sempre é unha aprendizaxe máis significativa.
Quen sabe? Ao mellor nun futuro non tan lonxano, os vosos nenos e nenas estarán ocupando un cargo importante no concello de Bueu, e sentados nesas cadeiras da sala de plenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario