martes, 5 de abril de 2016

METEOESCOLAS

AS NUBES

Este curso estamos inmersos nun novo proxecto, participar nas MeteoEscolas de Galicia. A finalidade é crear unha rede escolar de recollida de datos atmosféricos.
Recibimos unha estación metereolóxica, cuns aparellos básicos de medida, un termómetro que recolle a temperatura máxima e mínima do día e un pluviómetro. Cada mañá o curso correspondente sae a recoller os datos e rexístraos nun taboleiro na entrada do centro.

Unhas das razóns principais da participación nestes programas é que se pretende achegar a ciencia, a todos o noso alumnado e ás súas familias. 

 Foméntase tamén  a adquisición de competencias coma a do coñecemento e a interacción co mundo físico, a competencia científica, a competencia de tratamento da información e competencia dixital, a competencia matemática, coa importancia da sensibilidade na medición, a elaboración de medias, a obtención de máximas e mínimas e o tratamento en gráficas de todos os datos recollidos.

Todo o centro está indagando sobre distintos temas relacionados co tempo atmosférico. Ao alumnado de 3º tocounos pesquisar sobre o tipos de NUBES. Xusto rematamos de traballar o CICLO DA AUGA, co cal enlazamos moi ben este tema porque xa sabíamos como se formaban as nubes.

Nunha primeira sesión, estivemos traballando na aula coa pantalla dixital na páxina de AEMET, xa que había un enlace relacionado co noso tema. Tamén lemos algúns dos contos.
Noutra sesión subimos á aula de informática para que cada un traballase individualmente no apartado de XOGOS EDUCATIVOS, e fixeron o LIM "Descubrindo a metereoloxía: as nubes". 












Unha vez traballado o vocabulario específico dos tipos de nubes, decidimos elaborar un mural facendo un resumo do estudado na aula. Empezamos por clasificar as nubes en altas, medias e baixas. Tamén seleccionamos unha imaxe de cada nube. A continuación por grupos fixeron unha pequena descrición dos tipos de nubes.






 
 
 






Agora xa sabemos como se chaman as nubes que traen néboa, choiva ou vento forte. Hai outras que parecen ovnis, foron as que máis lles gustaron, as lenticulares. 

Bo traballo!










No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...