Os de 4ºA xuntámonos este curso cos de 1º B.
Aos de 4ºB tocáronnos os de 1º A.
Nótase que case somos de 5º porque levabamos moi preparadas as lecturas que queriamos facer. A isto hai que engadir que fixemos unha pequena tarefa de investigación para saber un pouco os gustos, aficións, forma de ser dos nosos e das nosas afilladas lectoras.
Repartímonos por parellas pero ao final houbo tres nenos, Iago, Álvaro e Martiño que lle leron a todos á vez, os seus libros: A sopa quente, A casa da mosca chosca e O tren de Martiño.
Pasamos unha xornada moi divertida e está claro que os nosos afillados e afilladas sempre poderán contar con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario