O pasado luns, 30 de maio, por fin puidemos gozar coa festa da lingua.
Todo estaba planeado para o pasado día 12, pero unha vez máis o tempo volveu xogarnos unha mala pasada. Valeu a pena esperar e aínda que, cando saiamos do cole caíron unhas pinguiñas, despois o sol brillou como nunca.
Este ano a cita foi en Cangas, polo que non puideron vir todos os nosos compañeiros e compañeiras. Os únicos afortunados de primaria fomos o alumnado de cuarto. Menos mal que tamén estaban os pequerrechos e e pequerrechas de infantil e máis de 2 000 escolares da comarca do Morrazo.
Primeiro recorremos as rúas desta fermosa vila e despois acudimos a un concerto de "A Gramola Gominola". Bailamos e cantamos ata quedar esgotados. Ao final cantamos as cancións de O Cuco e Galiza, para render unha homenaxe conxunta a Manuel María.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte" , neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pi...
-
O pasado venres 21 de xuño festexamos a tan ansiada festa de fin de curso. Empezamos coa entrega de premios de Dinamización do tradicional ...
Gracias profes por todo o traballo q pasades para q poidamos disfrutar de cada momento de convivencia no cole. E sobre todo gracias por tratar con tanto cariño a os nosos filloas. Enhoravoa por ser como sodes. Unha apera.
ResponderEliminarSinto as faltas pero w o q ten o corrector