jueves, 11 de abril de 2019

ARTURO SÁNCHEZ CIDRÁS

Resultado de imagen de arturo sanchez cidras

Arturo foi durante máis de trinta anos mestre no noso colexio. Aínda que é natural da parroquia de Loira de Marín, merece o xentilicio de bueuense máis que os nacidos na vila. Adicou gran parte da súa vida a investigar sobre a historia desta terra e ten publicados en solitario ou en colaboración varios libros

O seu curriculum é impresionante pero un dos títulos que leva con máis orgullo é o de AVÓ. Un dos seus netos,  Martín,  é alumno de terceiro. 
Hoxe tivo a ben vir ao noso cole a mostrar a Martín e aos seus compañeiros e compañeiras o que había naquelas vitrinas que enchen o corredor polo que pasan todos os días.
Coas súas recoñecidas dotes de mestre, falounos de volcáns, de rochas, mineraise fósiles ou cunchas. 





 Contounos que ten un anaquiño, de tamaño microscopio, dun asteroide caído na Anártida!

 Descubrimos que temos máquinas das antigas salgaduras que son auténticas pezas de museo. A maís de un se nos abría a boca, impresionados polo que escoitabamos.
Subimos logo as escaleiras e descubrimos noutras vitrinas a historia das conserveiras de Bueu. Tamén aquí temos unha impresionante colección de cunchas e buguinas.



Unha dos temas que máis nos  gustou foi a dunha rocha de orixe volcánico que  veu nun aparello dun barco pesqueiro. Arturo explicounos  porqué ten esa forma ou  porqué é tan pesada e a historia que tivo no cole ,pois formou parte dunha gran peceira que había na entrada do cole na que habitaba a tartaruga Lola.

MOITÍSIMAS GRAZAS!
QUE SAIBAS QUE PARA A COMUNIDADE ESCOLAR É UN ORGULLO CONTAR COA TÚA PRESENZA NESTE QUE FOI, É E SERÁ SEMPRE  O  TEU  FOGAR!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...