domingo, 14 de abril de 2019

UNHA VISITA AO SAHARA

A mellor maneira de saber o que a solidariedade, a xenerosidade e en resumo a loita polos Dereitos Humanos e sen lugar a dúbidas coñecer de primeira man as vivencias  de persoas que  practican estes valores..
O pasado venres, Fran, pai de Pablo, alumno de 3ºA, veu ao noso cole para contarnos a experiencia que tiveron, como colaboradores  do programa Vacacions en Paz, da Ong  Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. 
Fran, que veu acompañado polos seus pais, Lalá e Paco e polo seu fillo pequeno Hugo, fixo unha primeira introdución na que nos falou da situación tan inxusta na que vive o Pobo Saharaui , recluído en campamentos de refuxiados en Arxelia. Falounos de que foi colonia española ata a decada dos setenta do século XX e que agora mesmo ven quebrantados  OS DEREITOS HUMANOS básicos como  o dereito a ter unha nacionalidade.
Despois contounos  como durante varios veráns, na década dos noventa, a  súa casa enchíase de ledicia ao recibir a nenos saharauis. Relatou diferentes anécdotas que nos fixeron rir a escachar, como cando abrían as billas da auga e as pechaban enseguida pois non querían que se escapase a auga, ou o rápido que aprendían a andar en bicicleta, a pescar ou a falar o idioma. 



Gustounos moito saber que non só eles, senón todo o barrio da Banda do Río recibiron a estes pequenos cos brazos abertos.
En 1998, Fran e a súa nai Lalá, foron a Tinduf, onde se atopan un dos maiores asentamentos de refuxiados.

Resultado de imagen de tinduf
Falaunos da súa hospitalidade innata, pero tamén da miseria na que sobreviven estas persoas. Fran que, fixo gala da súas grandes habilidades como comunicador e mestre, conseguíu emocionarnos e que todos e todas empatizáramos co este pobo.
Ao final da charla ensinounos un xogo de té  tan típico de alí:

 Mostrounos moitas fotos 

                             
E o que máis ilusión nos fixo: TOCAMOS  AREA DO DESERTO, impresionante o fina que era!

Moitísimas Grazas Fran e familia pola vosa simpatía e xenerosidade!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...