domingo, 11 de diciembre de 2011

CROSS ESCOLAR

ÉXITO DO DEPORTE EN BUEU
O pasado venres, 9 de decembro, tivo lugar no campo de fútbol da estacada un croos escolar no que participaron todos os centros de primaria do concello de Bueu.
O colexio de "A Pedra" participou masivamente, obtendoo algún podium en todas as categorías tanto feminina como nasculina.
No segundo ciclo a nosa compañeira María Brocos obtivo a terceira posoción e Lucas Cabaleiro resultou segundo. Todos, absolutamente todos, os participantes foron merecedores de subir ó podium polo seu esforzo e entrega.


NORABOA A TOD@S!!!





sábado, 29 de octubre de 2011

SAMAÍN / HALLOWEEN

A noite do 31 de outubro celébrase a noite de Samaín, pero no "CEIP A Pedra" levabámonos preparando para esta data todo o mes de outubro.
Ao ser un centro plurilingüe traballamos tanto o Halloween, dende as seccións bilingúes, como o Samaín, a proposta do Equipo de Dinamación Lingüística.
Fixemos murais, no 2º ciclo un de Halloween e outro de Samaín con pócimas máxicas incluídas. Tamén os de 3º e 4º fixemos unhas caras de cabazas con pratos de papel e goma escuma que pudemos levar para as nosas casas.
Houbo, como en anos anteriores, unha exposición de cabazas..
O día máis divertido foi o venres 28 de outubro pois puidemos vir disfrazados ao cole.

FOI XENIAL!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

miércoles, 26 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O luns, 24 de outubro foi o día das bibliotecas escolares, e casualidades da vida tamén é ese día o aniversario de Papirus.
Todos os nenos e nenas do cole estabamos expectantes. Non nos decepcionou en absoluto. Papirus baixou da rede onde sempre está, camiñou pola bibliotecae e falou con nós. Quiso facer, nun día tan sinalado, a lembranza da historia da súa vida.

Tamén nos contou que nos bota moito de menos no verán cando estamos de vacacións porque lle encanta escoitar as nosas voces e as nosas risas. Por iso este ano foi a Turquía como un turista máis. Mostrounos fotos e ata ns ensinou as moedas que alí se usan.
Cantámoslle "Cumpleanos Feliz" e agasallounos cunhas chuches.
PAPIRUS ERES O MELLOR!!





lunes, 24 de octubre de 2011

VISITA DOS PAPÁS DE JAVI



Que bonito é compartir os nosos coñecementos, as nosas experiencias!
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Javier e Cristina, pai e nai de Javi. Viñeron contarnos a súa viaxe ó pasado, que fixeron sen necesidade de ningunha nave.
De feito foron no seu coche e chegaron en menos de tres horas.





A familia Freire Moldes visitaron Taramundi ,en Asturias, e puideron ver como toda vila é un auténtico museo do pasado
.




Comprobaron como aínda hoxe en día se seguen a facer as famosas navallas de Taramundi de forma artesanal.




A través de distintas salas observaron como foi evolucionando as formas de moer o millo.




Chamou a súa atención tamén diferentes obxectos do pasado como pupitres, máquinas de coser, de escribir, ...




Aprendimos un montón de cousas novas!




GRAZAS FAMILIA!





domingo, 23 de octubre de 2011

BENVIDA DO CURSO 2011- 2012











COMEZA UN NOVO CURSO ESCOLAR!

ESTE BLOG QUERE DARLLE A BENVIDA AOS NENOS E NENAS QUE ESTE ANO

ENCHEN AS AULAS DE 3º.

ESPERAMOS QUE ENTRE ELES E TODO O EXPERTO ALUMNADO DE 4º, ESTE BLOG NON PARE DE PUBLICAR NOVAS DE TODO O QUE SUCEDA NO COLE.
















































































miércoles, 6 de julio de 2011

FESTA DA ESCUMA

E PARA REMATE FINAL ... MIRADE COMO ACABAMOS TODOS!
SOBRAN AS PALABRAS!!!




DESPEDIDA

O curso 2010/11 chegou ao seu fin. Chegou a hora da despedida e con el tamén despídese este blog.
O remate non podía ser mellor.



FESTA RACHADA!!!



A pesar do que podades pensar, isto sí é un cole. Todos en bañador, Comemos, charlamos e....



XOGAMOS!!!










sábado, 25 de junio de 2011

DESPEDIDA DE NAVAR







CANTO TE IMOS BOTAR DE MENOS!





O noso compañeiro Navar de 3ºB marchouse vivir a Suiza. Pero antes de irse, quiso despedirse de todos nós cunha festa, nas que se mesturaron sentimentos de tristeza cos da ilusión. Ilusión porque Navar ten alí, a unha parte moi importante da súa familia e ten moitas gañas de velos. Tristeza tamén, e moita, porque deixa moitos amigos e amigas os que vai botar moitísimo de menos. Navar ten agora o corazón partido





Para os que quedamos aquí, sabemos que se nos vai unha bellísima persoa. Un neno cun sentido das xustiza incrible para a súa idade.





Volve pronto, sabes que aquí tes moitííísimas persoas que te queren!

VISITA DE JOSE ANTONIO OTERO



CANTO PODEMOS APRENDER UNS DOS OUTROS!!!



Canta verdade hai nesa expresión. Asi demostróunolo, Jose Antonio, pai de Diego alumno de 3ºB.



Este papá chegou o pasado mes de maio, despois de estar case un ano fóra, sen ver a súa familia.



O día 16 de xuño, co curso case rematado, tivemos o honor, todo o alumnado de terceiro, de acudir a unha charla que este bo señor nos deu sobre as súas experiencias.



Vimos imaxes preciosas de isla Margarita, no océano Índico, cerca de cuxas augas traballa nun gran barco de pesca. Tamén vimos imaxes impresionantes dos tiburóns que chegan nas súas redes, e da súa terrorífica dentadura.



Pero o papá de Diego contounos que non todo é tan bonito como parece. Cando o mar se embrabece o terror apodérase de un. Pudemos ver un vídeo, dunha gran tempestade con ondas que superaban con moito a altura do barco. José Antonio pideunos a todos que estudáramos moito para non ter que andar algun traballando nesas condicións.

domingo, 19 de junio de 2011

APADRIÑAMENTO LECTOR

Agora tocounos aos de terceiro.
Primeiro fomos padriños dos alumnos e alumnas do último ano de infantil, Lembrádesvos?
Pois este xoves pasado, 16 de xuño, fomos nós os afillados e os nosos padriños foron os de sexto.
Pasámolo xenial. As parellas foron do máis dispar e os libros diferentes.
Tiñan por obxectivo que nos gustase ese libro que eles leron cando tiñan a nosa idade. Houbo Junnie B Jones, Katie Kazoo, libros de medo, Jerónimo Stilton, cómics, ...


APADRIÑAMENTO LECTOR

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...