sábado, 25 de junio de 2011

VISITA DE JOSE ANTONIO OTERO



CANTO PODEMOS APRENDER UNS DOS OUTROS!!!



Canta verdade hai nesa expresión. Asi demostróunolo, Jose Antonio, pai de Diego alumno de 3ºB.



Este papá chegou o pasado mes de maio, despois de estar case un ano fóra, sen ver a súa familia.



O día 16 de xuño, co curso case rematado, tivemos o honor, todo o alumnado de terceiro, de acudir a unha charla que este bo señor nos deu sobre as súas experiencias.



Vimos imaxes preciosas de isla Margarita, no océano Índico, cerca de cuxas augas traballa nun gran barco de pesca. Tamén vimos imaxes impresionantes dos tiburóns que chegan nas súas redes, e da súa terrorífica dentadura.



Pero o papá de Diego contounos que non todo é tan bonito como parece. Cando o mar se embrabece o terror apodérase de un. Pudemos ver un vídeo, dunha gran tempestade con ondas que superaban con moito a altura do barco. José Antonio pideunos a todos que estudáramos moito para non ter que andar algun traballando nesas condicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...