domingo, 19 de junio de 2011

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Esta sí que foi unha bonita forma de rematar o curso!

O pasado martes, 14 de xuño, os nenos e nenas do 2º ciclo fomos de excursión a Santiago.

Acompañáronnos, aparte dos profes, Hanna e a súa irmán Stephanie e Nick, o noso amigo neozelandés.

Visitamos o Museo de Historia Natural, a Catedral e o Museo do Pobo Galego.

Todo nos gustou moito, pero onde máis disfrutamos foi no museo de ciencias. Alí, convertémonos en investigadores, buscando diferentes animais, rochas, ou fósiles que os guías nos propoñían dándonos diferentes pistas.

A catedral é, como non, impresionante. O profe Suso, foi amosándonos os didistintos rincóns, grazas aos seus interminables coñecementos. Antes de entrar sentámonos un rato na Praza do Obradoiro, onde estaban " Os Indignados.

Pola tarde visitamos o Museo do Pobo Galego, onde nos chamou a atención o panteón de Galegos Ilustres. Alí están enterrados emtre outros Rosalía de Castro e Castelao.

O mellor é que vexades as fotos e comprobedes o o ben que o pasamos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...