domingo, 12 de junio de 2011

BENVIDOS AO COLE DOS MAIORES

A semana pasade pasada tocounos facer una despedida, e esta para compensar celebramos unha benvida ou, ... case!
Os nenos e nenas do último curso de infantil viñeron coñecer o cole dos maiores onde estarán o vindeiro ano.
O alumnado de terceiro servímoslle de anfitrións tras aceptar eles a invitación que nos lle fixemos por carta.
Visitamos todos xuntos collidiños da man os patios, a biblioteca, as aulas dos diferentes corredores, secretaría.
A experiencia non puido ser mellor. A caras dos pequenos, ao principio cheas de incertezas , foron mudando a faces relaxadas.

Dixo se trataba que foran outros nenos ou nenas coma eles, aínda que un pouquiño maiores, que lles contasen que neste cole tamén o ían pasar ben, que os profes tamén aquí son bos, …
O momento máis emotivo viveuse na aula de informática onde estaba o alumnado de primeiro. Unha nena de forma espontánea subiuse enriba dunha cadeira e contoulles que no cole dos maiores se estaba moi ben que se aprendían moitas cousas e se facían moitas actividades divertidas.

SEDE BENVIDOS!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...