domingo, 12 de febrero de 2012

VISITA A PONTEVEDRA

QUE BEN O PASAMOS!
O venres 3 de febreiro fomos á cidade de Pontevedra.
O primeiro que visitamos foi o museo municipal. O que máis nos chamou a atención foi a reprodución do camarote onde o Almirante Méndez Núñez tomaba as decisión que o fixeron tan famoso. Tamén é impresionante o tesouro de Caldas, xoias de ouro de epocas prehistóricas gardadas con todo tipo de medidas de seguridade. puidemos ver tamén como se conserva unha cociña do século XIX así como diversos obxectos de cerámica e prata.
Aproveitamos tamén a saída para ir ver e escoitar un concerto didáctico dos "Gaiteiros da Xistra".
Merendamos nuha das fermosas prazas que ten a zona vella desta capital galega.


Se queredes podedes botearlle unha ollada as fotos!






DÍA DA PAZ














O pasado luns, 30 de xaneiro, tivo lugar no patio do colexio un emotivo acto para conmemorar o día da paz. Como xa vén sendo tradición cantáronse unha canción en inglés e outra en galego. Este ano as elexidas foron: "What a wonderful world" e "A rumba das apertas". Foi moi emocionante ver a todos os nenos e nenas e aos seus profes collidos das mans cantando.

Este ano tamén se leron noticias sacadas dos xornais que tranmitían solidaridade, xenerosidade, e optimismo; boas novas que nin fan pensar que este mundo tamén pode serun mundo marabilloso como nos dicía Louis Amstrong na súa canción.

































domingo, 29 de enero de 2012

VISITA DO CENTRO JUAN XXIIII

O pasado venres 27 de xaneiro, o alumnado do 2º ciclo recibimos unha visita moi especial: “ O grupo de teatro do centro ocupacional da asociación Juan XXIII de Cangas”
A actividade, proposta polo equipo de dinamización lingüística, tiña por obxectivo fomentar a tolerancia ante a diversidade e o coñecemento, a valoración e o respecto ao colectivo de discapacitados intelectuais.
A visita superou con creces as expectativas postas na actividade, pois máis alá de acadar os obxectivos, aprendemos e divertímonos. A obra estaba totalmente elaborado polos seus actores partindo dun poema de Vicente Huidobro. Todos os materiais utilizados foron tamén feitos por eles. Resultou ser interactiva pois foron sacando a diferentes nen@s para completar o poema.

Desexamos que esto sexa o principio dunha longa amizade e que a colaboración entre este centro de Cangas e o CEIP A Pedra se repita con asiduidade.

GRAZAS!!!




lunes, 2 de enero de 2012

FESTA DE NADAL

Despois de ter traballado tan duramente o primeiro trimestre, mereciamos un día de verdadeira festa. Así foi o último día de cole pasámolo xenial:
• Obradoiros de Nadal
• Visita dos Reis Magos
• Festa rachada

Ofrecémosvos a continuación unha galería de fotos para que todos podades compartir con nós un pouquiño da ilusión vivida nesta xornada.

Empezamos co Obradoiro de Maxia. O Mago Ramón volveunos sorprender este ano con novos trucos.







GRAZAS SUPER RAMÓN POR SACARNOS TANTOS SORRISOS!



























O seguinte foi un Obradoiro Recreativo. A profe Goretti fíxonos pasar uns momentos moi divertidos encima das pelotas saltariñas para montar as árbores dos desexos.







GRAZAS PROFE GORE. PAXÁMOLO XENIAL!
























Continuamos co Obradoiro Decorativo. Este taller foi posible grazas a Rafa, pai de Miguel de 5º B e de Gabri de 3ºA. Construímos agasallos e estrelas de Nadal con papel e sen usar en ningún momento nin pegamento nin cinta adhesiva. Para isto utilizamos a técnica chamada Origami ou papiroflexia, sendo este papá un verdadeiro especialista.






GRAZAS RAFA! FIXEMOS COUSAS PRECIOSAS!




















O último foi un Obradoiro Plurilingüe. A Profe Lucía preparounos un bingo co vocabulario de Christmas. Tamén completamos e cantamos a canción do reno Rudolf, a quen finalmente decoramos.





THANK YOU TEACHER LUCÍA!
















O rematar os obradoiros, fomos ver aos Reis Magos. Algúns nenos dicían que estes non eran os de verdade, pero iso tedes que xulgalo vós mesmos.












O día rematou cunha fantástica festa na que degustamos diferentes produtos navideños. Deunos tempo, tamén,para bailar e cantar.







lunes, 19 de diciembre de 2011

TALLER DE EMOCIÓNS

O alumnado do 2º ciclo recibíu hoxe unha visita moi especial: Membros da aociación española contra o cancro, tiveron a ben explicarlle aos nenos e as nenas o importante que son as emocións.
A través do programa educativo "El bosque encantado" ofrecéusenos a posibilidade de formarnos e entrernarnos na xestión dos nosos sentimentos.
A través de diferentes actividades lúdicas aprendemos que non só alegría é unha emoción positiva, tamén o é o medo, a vergoña, a ira e incluso a tristeza.
Se queremos seguir xogando e aprendendo podemos ir a esta páxina web:http://www.elbosqueencantado.aecc.es

VALEU A PENA PORQUE SABEMOS MÁIS COUSAS E PASÁMOLO XENIAL!



GRAZAS!!!




domingo, 18 de diciembre de 2011

POSTAIS DE NADAL

A entrada do noso cole esta chea de fermosos desexos e de incribles traballos plásticos.
Todo isto é posible grazas ao traballo de todos e cada un dos nenos e nenas, que coa axuda de seus pais, nais e de bo seguro de moitos avós e avoas fixeron as preciosas postais navideñas que enchen os paneis colocados no corredor da entrada do colexio.
Podedes pasar polo centro cando queirades. Aquí vos vai un vídeo coas postais do 2º ciclo.


FELICES FESTAS!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own slideshow design

domingo, 11 de diciembre de 2011

CROSS ESCOLAR

ÉXITO DO DEPORTE EN BUEU
O pasado venres, 9 de decembro, tivo lugar no campo de fútbol da estacada un croos escolar no que participaron todos os centros de primaria do concello de Bueu.
O colexio de "A Pedra" participou masivamente, obtendoo algún podium en todas as categorías tanto feminina como nasculina.
No segundo ciclo a nosa compañeira María Brocos obtivo a terceira posoción e Lucas Cabaleiro resultou segundo. Todos, absolutamente todos, os participantes foron merecedores de subir ó podium polo seu esforzo e entrega.


NORABOA A TOD@S!!!





sábado, 29 de octubre de 2011

SAMAÍN / HALLOWEEN

A noite do 31 de outubro celébrase a noite de Samaín, pero no "CEIP A Pedra" levabámonos preparando para esta data todo o mes de outubro.
Ao ser un centro plurilingüe traballamos tanto o Halloween, dende as seccións bilingúes, como o Samaín, a proposta do Equipo de Dinamación Lingüística.
Fixemos murais, no 2º ciclo un de Halloween e outro de Samaín con pócimas máxicas incluídas. Tamén os de 3º e 4º fixemos unhas caras de cabazas con pratos de papel e goma escuma que pudemos levar para as nosas casas.
Houbo, como en anos anteriores, unha exposición de cabazas..
O día máis divertido foi o venres 28 de outubro pois puidemos vir disfrazados ao cole.

FOI XENIAL!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

miércoles, 26 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O luns, 24 de outubro foi o día das bibliotecas escolares, e casualidades da vida tamén é ese día o aniversario de Papirus.
Todos os nenos e nenas do cole estabamos expectantes. Non nos decepcionou en absoluto. Papirus baixou da rede onde sempre está, camiñou pola bibliotecae e falou con nós. Quiso facer, nun día tan sinalado, a lembranza da historia da súa vida.

Tamén nos contou que nos bota moito de menos no verán cando estamos de vacacións porque lle encanta escoitar as nosas voces e as nosas risas. Por iso este ano foi a Turquía como un turista máis. Mostrounos fotos e ata ns ensinou as moedas que alí se usan.
Cantámoslle "Cumpleanos Feliz" e agasallounos cunhas chuches.
PAPIRUS ERES O MELLOR!!





lunes, 24 de octubre de 2011

VISITA DOS PAPÁS DE JAVI



Que bonito é compartir os nosos coñecementos, as nosas experiencias!
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Javier e Cristina, pai e nai de Javi. Viñeron contarnos a súa viaxe ó pasado, que fixeron sen necesidade de ningunha nave.
De feito foron no seu coche e chegaron en menos de tres horas.





A familia Freire Moldes visitaron Taramundi ,en Asturias, e puideron ver como toda vila é un auténtico museo do pasado
.




Comprobaron como aínda hoxe en día se seguen a facer as famosas navallas de Taramundi de forma artesanal.




A través de distintas salas observaron como foi evolucionando as formas de moer o millo.




Chamou a súa atención tamén diferentes obxectos do pasado como pupitres, máquinas de coser, de escribir, ...




Aprendimos un montón de cousas novas!




GRAZAS FAMILIA!





domingo, 23 de octubre de 2011

BENVIDA DO CURSO 2011- 2012











COMEZA UN NOVO CURSO ESCOLAR!

ESTE BLOG QUERE DARLLE A BENVIDA AOS NENOS E NENAS QUE ESTE ANO

ENCHEN AS AULAS DE 3º.

ESPERAMOS QUE ENTRE ELES E TODO O EXPERTO ALUMNADO DE 4º, ESTE BLOG NON PARE DE PUBLICAR NOVAS DE TODO O QUE SUCEDA NO COLE.
















































































VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...