domingo, 12 de febrero de 2012

VISITA A PONTEVEDRA

QUE BEN O PASAMOS!
O venres 3 de febreiro fomos á cidade de Pontevedra.
O primeiro que visitamos foi o museo municipal. O que máis nos chamou a atención foi a reprodución do camarote onde o Almirante Méndez Núñez tomaba as decisión que o fixeron tan famoso. Tamén é impresionante o tesouro de Caldas, xoias de ouro de epocas prehistóricas gardadas con todo tipo de medidas de seguridade. puidemos ver tamén como se conserva unha cociña do século XIX así como diversos obxectos de cerámica e prata.
Aproveitamos tamén a saída para ir ver e escoitar un concerto didáctico dos "Gaiteiros da Xistra".
Merendamos nuha das fermosas prazas que ten a zona vella desta capital galega.


Se queredes podedes botearlle unha ollada as fotos!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...