domingo, 19 de febrero de 2012

VISITA DE GONZALO MOURE









Tras ler "Cama y Cuento" os nenos e as nenas de terceiro estaban desexando coñecer ao seu autor. Non se fixo derrogar e o pasado mércores 8 de febreiro, Gonzalo Moure tivo a ben vir á biblioteca do noso cole. Contoulle que o libro foi escrito tras ter falado cunha nena que lle dixo que despois de aprender a ler os seus pais xa non lle leron máis. Contestou amablemente a cantas preguntas lle fixeron

Igual de emocionados atopábase o alumnado de cuarto, tamén na charla. Querían que Moure lle contestase a centos de incógnitas sobre "Los Caballos de mi Tío", o libro que estiveron lendo tras a volta das vacacións de Nadal. O escritor contuulle que era unha mestura do que foi a súa vida e o que lle gustaría que fose.

Admitiu que o libro seu preferido é "Palabras de Caramelo", historia que moitos dos nenos e nenas xa coñecían.

Resultou ser unha charla moi agradable, na que os nenos se portaron moi ben. Esperamos que Gonzalo Moure volva pronto ao noso centro con novas novelas e historias que contarnos.

GRAZAS!!!!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...