lunes, 20 de febrero de 2012

PREPARANDO O ENTROIDO

Non cabe dúbida que o entroido é unha festa moi divertida que ten o seu día grande no pasarrúas, onde todos lucimos os nosos traxes e cantamos as cancións.
Porén poucas veces falamos da preparación das vestimentas e complementos, cando se elaboran os disfraces e se ensaian as cancións.
Nesta entrada mostrarase a letra da canción, pero tamén as fotos das mamás e papás cortando, pegando e grapando e ás nenas e aos nenos traballando nas aulas para ter preparado os nosos traxes de bufóns.



BUFONEANDO O ENTROIDO
Nenos, nenas
Vestidos de bufóns
Ai como molamos
Ai, ai que risa damos
Crise, crise
Así estamos nós
Ai os recortes
Ai, ai a educación

O venres no Entroido
Os bufóns comezaron a bailar
Volvemos a idade media
A pasta está a faltar.

Nenos, nenas […]

O sábado no Castelo
Os bufóns comezaron a actuar
E para entreter aos monarcas
Malabarear, cantar e brincar.

Nenos, nenas […]






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...