O escenario foi a aula de 4ºB, a que foron invitados os nenos e nenas de 4ºA. Tamén asistíu a profe Marta por ser ela a profe de Navar no 1º ciclo.
Por parellas foron acudindo diferentes compañeiros para interesarse polo noso querido amigo. Os nervios eran evidentes pois moitos deles non volveran falar con el dende xuño.
Contounos que o alemán era unha lingua moi difícil de aprender, que pasaba moitas horas no colexio e que facía moitísimo frío, aínda que ese día non nevaba.
Nós, dixémoslle que o botábamos moito de menos. Lle adicamos unha canción e lle explicamos de que iamos ir disfrazados.
Sería bonito que esta experiencia se volvese repetir.
QUERÉMOSTE NAVAR!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario