miércoles, 10 de febrero de 2016

SAÍDA A PONTEVEDRA

Cando aínda tiñamos tan recente o DÍA DA PAZ e a só dous días da celebración do ENTROIDO, todo o alumnado de terceiro e cuarto fomos a Pontevedra.
Están tolos os que din que o cole non mola!
Pois así foi. Na capital da nosa provincia visitamos primeiro o "CAFÉ MODERNO"  , un edificio espectacular, recentememte reformado,  que garda dentro das súas paredes gran parte da historia do século XX da cidade. Castelao, Bóveda, Ramón Cabanillas, Paz Andrade, Carlos Casares, Laxeiro, ... foron algúns dos intelectuais que frecuentaban este local. 





Tras coñecer as estancias do edificio, realizamos un pequeno obradoiro no que tratamos de imitar ao arquitecto, Álvaro Siza, quen dirixiu as obras de restauración  recentemente.






Ante un impresionante cadro de Laxeiro.













 
 
 
Finalizamos a nosa estancia en Pontevedra acudindo a un espectáculo de Música no auditorio que Afundación  ten na cidade. Aquí si que o pasamos ben! O grupo de percusión "Odaiko" co seu espectáculo: "Cousas de Catro", fíxonos interactuar, gozando todos uns momentos inesquecibles.
 
 
Ao rematar o espectáculo, os artistas permitíronnos fotografialos.

martes, 9 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ


O pasado 30 de xaneiro,celebramos no cole o Día de Paz. 

Aínda que todos sabemos que debemos vivir a PAZ cada momento das nosas vidas, gústanos vivir esa xornada dunha maneira especial.






Pero, o día da celebración non foi máis que o remate final a unha serie de actividades que levamos a cabo durante todo un mes. Todo comezou cando os nosos profes nos leron:

O homiño desta historia propúxonos que buscaramos noticias que falaran das cousas boas que o ser humano é quen de facer. Así o fixemos, trouxemos revistas e xornais e buscamos e reelaboramos esas novas que nos falaban dun mundo mellor:
Algunhas destas novas foron:





Todas estas noticias foron expostas no mural da entrada do cole. Sendo este o resultado final:
O homiño de papel, prometeunos que se buscabamos esas boas novas nos permitiría ver o que había dentro dunha caixa máxica e que era, sen ter ningún tipo de dúbidas o máis importante do mundo. Todos, sen excepción, dixemos que queriamos ver iso TAN IMPORTANTE! 
O que había no fondo da caixa era un ESPELLO! 
Esta son as caras de sorpresa que poñiamos ao saber que ERAMOS :
NÓS!


domingo, 24 de enero de 2016

ENTREVISTAS


Nas aulas de cuarto, andivemos estes días pasados traballando   "AS ENTREVISTAS " , como tipo de texto.
 Aprendemos que se trata dun formato dialogado pero que ten diferenzas cun simple diálogo do texto narrativo e que tampouco é igual ao texto teatral. Soubemos que podía ter forma escrita ou oral, e que se emprega moito nos xornais, revistas, televisión ou radio
O cumio do traballo tivo lugar cando nós tivemos que facer de entrevistadores.
A maioría fixémolo só de forma escrita pero Brais, Jorge e Helena decidiron tamén gravalo. 
Aquí tedes o resultado:




lunes, 18 de enero de 2016

CIENCIAS NATURAIS E SOCIAS



Durante o primeiro trimestre os alumnos e alumnas de 3º estivemos varias veces na aula de Ciencias realizando varios experimentos; sobre os cinco sentidos, realizando un  volcán e observando a graxa dos alimentos. Aquí tendes un pequeno vídeo como mostra do ben que o pasamos.











                                 Expirementando cos alimentos.









Co gallo do noso proxecto sobre o espazo, na área de ciencias sociais durante o primeiro trimestre traballamos por equipos os planetas, os meteoritos, as constelacións, os satélites artificiais e naturais, algúns astronautas importantes... e todo o que eles quixeron indagar sobre o noso Sistema Solar. Aprendemos que a mellor forma de aprender, é buscar a información, resumila e logo compartila oralmente cos nosos compañeiros. Así entre todos realizamos unha aprendizaxe significativa moi divertida e dinámica. 


                         

                          




                           

 Agora xa estamos a argallar o noso seguinte proxecto, as plantas.
 Da gusto traballar así con nenos e nenas tan motivados. ;)

                                          PARABÉNS!



lunes, 28 de diciembre de 2015

OBRADOIROS DE NADAL

Como todos os anos por estas datas o espíritu do Nadal chega tamén ao noso centro, e con el a ilusión de todos os nenos e nenas. 
Decoramos o noso Bibliocastelo, as aulas, os corredores e como sempre Ramón e Martín montaron o fabuloso Belén.



 Son épocas de panxolinas, de celebracións, de vacacións...pero antes rematamos cos tradicionais obradoiros de Nadal. Este ano no noso ciclo fixéronse:


  • Obradoiro Decorativo. A cargo da profe Luisa.
  • Obradoiro Medio Ambiente. A cargo da profe Silvia.
  • Obradoiro Plurilingüe. A cargo da profe Rebeca
  • Obradoiro do Espazo. A cargo da profe Lina.

Entre todo o alumnado do centro fíxose unha postal na entrada do colexio co lema dunha nena de 3ºB, Andrea " Por un universo onde o sol quente a todos por igual".




3ºA



3ºB
 

4º A
Velaquí tedes uns vídeos como mostra to ben que o pasamos ese día. Dende aquí queremos desexar a todas as familias unhas moi Felices Festas de Nadal.







3ºB


VISITA AO MUSEO MASSÓ

Como nos gustan os días previos as vacacións!
 No cole respírase outro aire, os profes reláxanse,  e, polo xeral, saímos das rutinas dos días normais.
Así o pasado mércores 16 de decembro fomos visitar o Museo Masso.
O obradoiro chamábase:  "Mensaxe nunha botella" e o obxectivo do mesmo era concienciarnos da importancia dos océanos no noso planeta. 
Estivemos moi atentos porque era un tema que tratamos recentemente na escola. Ademais toda a información foi presentada con diferentes xogos e enigmas. Rematamos metendo mensaxes ecoloxistas dentro dunha botella.





Ao saír visitamos tamén a exposición de produtos artesanais elaborados polo alumnado do "CEE Juan XXIII"  de Cangas,. Un alumno explicounos como se organizaban para crear esas bonitas alfombras, as orixinais cadeiras ou os útiles marcapáxinas.


Xa de volta ao cole paramos diante da nosa querida e archicoñecida macroescultura do artista "José solla", onde nos sacamos esta última foto:

MUSEO MASSÓ


 O pasado 15 de decembro o alumnado de 3º fixemos unha saída escolar ao museo  Massó de Bueu, para participar nun divertido obradoiro  " Mensaxe nunha botella ".  Tiñamos que adiviñar a resposta de varias preguntas relacionadas co mar. Falaron dos continentes, dos mares, das correntes, dos océanos, dos dintintos tipos de pesca, do medio ambiente...ata completar a nosa mensaxe e buscar a botella polo museo. 








E para rematar o día, cando chegamos ao cole improvisamos unha pequena festa de aniversario para Dafne







PARABÉNS GUAPA!


VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...