martes, 9 de abril de 2019

PROXECTO A PREHISTORIA



Este trimestre os alumnos de 4ºB na área de Ciencias Sociais traballamos a Prehistoria. Entre todos completamos o gran mural de aula. Primeiro recopilamos información das distintas etapas da Prehistoria a través de diferentes vídeos, libros da biblioteca e de aula, así como tamén con distintas lecturas coas que aproveitamos para facer comprensións lectoras nas distintas linguas.
Non só indagamos sobre as etapas da Prehistoria, tamén sobre o Universo e a súa orixe, ou sobre CHARLES DARWIN e a súa Teoría da Evolución.
 Para elaborar o noso mural de aula fomos escribindo as distintas características de cada etapa, realizando debuxos e esquemas. Así unha vez máis, seleccionamos e resumimos as ideas principais de cada unha.
Tamén completamos a liña do tempo, estudando as distintas etapas da Prehistoria e Historia con datas e feitos importantes en cada unha delas.
Por equipos foron elaborando o tradicional xogo de aula            
 " O TRIVIAL"








Na aula de informática realizamos distintos KAHOOTS, incluso creando un nós mesmos. Así repasamos todos os contidos dunha forma lúdica e traballamos as novas tecnoloxías.



Traballando por proxectos integramos todas as áreas, en Arts and Crafts por unha banda pintamos pinturas rupestres e por outra banda con arxila realizamos as figuras de arte mobiliar chamadas VENUS, que representan o culto á fecundidade.






















Pois con este proxecto sobre a PREHISTORIA damos por rematado este trimestre. Unha vez máis parabéns rapaces e rapazas polo ben que traballades e o motivados que estades.
GRAZAS!  ;)

PROXECTO CIENCIAS NATURAIS 4ºB



Este trimestre na área de Ciencias Naturais traballamos os distintos tipos de enerxía. Empezamos como sempre, realizando o habitual "torbellino de ideas" na pizarra para saber que sabemos e avanzamos preguntándonos que queremos saber sobre este tema. Despois de realizar unha asamblea escolleron facer un Power Point, xa que o anterior trimestre realizaron un SWAY. Por parellas na aula de informática indagaron sobre os distintos tipos de enerxía, o efecto invernadoiro e as súas consecuencias, que son os combustibles fósiles e como podemos eliminalos, así como tamén que podemos facer para coidar o noso planeta.
Elaboraron distintos Power Points, aprendendo a realizar esquemas, pegando distintos tipos de fotografías e tamén vídeos. 
Para rematar expuseron estos traballos oralmente, primeiro na nosa aula e despois noutras, porque é fantástico aprender todos de todos e é importantísimo traballar a expresión oral. 
Despois de cadansúa exposición, cubriron unha rúbrica coa autoavalición dos seus proxectos. Así aprendemos os diferentes criterios que temos que ten en conta á hora de traballar deste xeito e como se avalía.

Mirade o ben que o fixeron, noraboa rapaces e rapazas porque cada vez facédelo mellor!! É un pracer traballar así!





























miércoles, 27 de marzo de 2019

CONVIVENCIA CO CEE JUAN XXIII DE PONTEVEDRA

Como xa vimos repitindo, este ano o noso colexio atópase inmerso nun proxecto sobre os DEREITOS HUMANOS. Un dos Dereitos que máis vimos salientando é o Dereito a ser diferentes, así que nas aulas estamos lendo "DOWN" de Ann alfaya. Este libro fíxonnos espertar a curiosidade sobre as DISCAPACIDADES INTELECTUAIS, polo que cando nos enteramos que iamos visitar o Centro de Educación Especial Juan XXIII de Pontevedra, levamos unha gran alegría. 


Non queriamos ir alí coas mans baleiras así que como estabamos no comezo da primavera puxémonos inmediatamente a confeccionar unhas flores con plastilina:


Convertíronse logo nestes fermosos broches:
Despois metémolos dentro duns sobres que tamén decoramos e ... listos para agasallar!

O xoves, 21 de marzo, viñeron ao noso cole Raquel, mestra do centro, e Sergio e Juan, alumnos do mesmo. Contáronnos que era a diversidade, en que consistía a discapacidade intelectual e como querían ser tratados. Sergio contounos ademais como de pequeniño foi maltratado por outros nenos no colexio no que estaba e o mal que se sentiu. 


Este primeiro contacto serviunos para estar concienciados e, así de preparados, nos presentamos no Centro pontevedrés o luns, 25 de marzo. Alí, tras ver un vídeo no que se nos mostraba a labor que a fundación Juan XXIII vén facendo dende hai 50 anos, visitamos as instalacións.
Fomos primeiro ás aulas dos pequenos. Despois visitamos a parte onde estaban os maiores traballando. Comprobamos como encuadernaban cadernos e libros paso a paso, como fabricaban fregonas que ían ser vendidas posteriormente nos supermercados, fomos á sala de estimulación sensorial e ata vimos a piscina.








.
Quedamos tan gratamente impresionados que algún de nós calificou esta experiencia como a mellor da súa vida. O que temos clarísimo é o gran respecto que estas persoas merecen e a nosa admiración por todo o que son capaces.
Neste vídeo poderedes ver máis polo miudo o acontecido nesta inesquecible xornada.

martes, 26 de marzo de 2019

TEATRO EN MARZO

A punto de rematar, este mes de marzo, podemos dicir que  foi especialmente activo para o alumnado de terceiro e cuarto.
Como coloexio plurilingüe que somos empezamos o luns, día en 11, indo ao salón de actos do IES Joham Carballeira para ver unha OBRA DE TEATRO EN INGLÉS:.
Os de terceiro vimos RAP and PAN. Tomando como punto de partida a historia de Peter Pan e de Rapunzel, os nosos storytellers mergullárannos nunha disparatada e emocionante aventura .Viaxamos dende Londres ao País de Nunca xamais, entre nenos voadores,crocodilos con gastritis, malvados piratas e melenas louras nunha obra  100% en inglés.
Rap and Pan. The Storytellers II
Pasámolo moi ben! Algún de nós tivo a oportunidade de demostrar os bos actores e actrices que son e que ademais se lle da moi ben o inglés, pois subiron ao escenario e fixérono realmente ben.


O luns, 25 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto, drixímonos a Pontevedra para ver, no teatro de A Fundación, a obra "Bon Apetit". A compañía GHAZAFELLOS, fíxonos gozar  cunha comedia en clave de clown onde tres chefs «franceses» tentaron mostrar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro Cunqueiro,  "A COCIÑA GALEGA": «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo». Cunha posta en escena colorista, estes personaxes engancháronos dende o primeiro momento, facéndonos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.

martes, 5 de marzo de 2019

UN ENTROIDO CON DEREITOS

O pasado venres, 1 de marzo, foi o día elixido para que todos os colexios galegos celebrasen "O ENTROIDO". 
O noso centro non ía ser menos e dende a primeiriña hora da mañá o alumnado comezou, cheo de ilusión, a vestir os traxes que con tanto agarimo prepararan previamente.
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto disfrazámonos de peruanos e peruanas para reinvindicar:
O DEREITO DOS POBOS INDÍXENAS A PROTEXER A SÚA IDENTIDADE.







 Na praza do Concello cantamos a nosa cantiga e como nos metemos tanto tempo no noso disfrace, o fixemos tamén en QUECHUA:
A VICUÑITA
 Da Pedra eu veño coa vicuñita
Da Pedra eu veño coa vicuñita
Cantando e respectando aos demáis
Cantando e respectando aos demáis.
Eu son vicuñita e veño a celebrar
Eu son vicuñita e veño a celebrar
Co Entroido da Pedra imos brincar
Co Entroido da Pedra imos brincar.


Ay guei vicuñita rishpi japi sonka

Ay guei vicuñita rishpi japi sonka

Rishpi japi pagapiña numa sonka
Rishpi japi pagapiña numa sonka


Papirus vente con nós a festexar
Papirus vente con nós a festexar
Todos cos dereitos imos cantar
Todos cos dereitos imos bailar.

Machupichu Machupichu Machipichuuuu
Machupichu Machupichu Machipichuuuu

Machupichu Machupichu Machipichuuuu



No seguinte vídeo poderedes contemplar imaxes deste fermoso día no colexio A Pedra.




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...