domingo, 17 de mayo de 2015
CORRELINGUA 2015
Este martes 12 de maio celebramos o Correlingua en Bueu. Como todos os anos participamos todo o centro, ademáis de distintos centros de todo o Morrazo, sobre uns 2.300 rapaces e rapazas acudiron a tal evento.
Mentras toda primaria percorría as rúas de Bueu, reinvindicando un ano máis o uso do galego, os máis pequeniños de infantil participaban en diferentes obradoiros. Este ano o lema foi "Galego, a nosa Creación Común". No centro elaboramos unha paleta de cores coas letras "Crea Galego", unha para nós e outra para agasallar, tamén levamos posta unha chapa con ese lema.
Tras rematar coa marcha, fomos para a praza do concello para disfrutar do concerto de Paco Nogueira. Algunhas das cancións que bailamos foron estas:
A continuación podedes ver un vídeo cun resumo do día. Un ano máis pasámolo xenial!
Botádelle un ollo a esta proposta chea de optimismo que xorde da CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística).Para que o día 17 de maio sexa só un punto de partida, un comezo para presumir de galego todo o ano.
Dende aquí queremos dar as GRAZAS A TODOS os organizadores do CORRELINGUA, porque sabemos o gran traballo que hai detrás dun evento tan importante coma este, e a dificultade que supón mover a tantos rapaces.
lunes, 11 de mayo de 2015
TEATRO EN INGLÉS
Este luns 11 de maio tiñamos programada unha saída ao Centro Social do Mar para ver unha obra de teatro en inglés.
A obra chamábase "The Return of the Storytellers" da compañía de teatro Interacting Theathe.O seu lema é ..
WHATEVER YOU DO, LAUGH WHILE YOU LEARN.
(Fagas o que fagas, ríe mentres aprendes).
Sen dúbida foi unha obra diferente a moitas outras, con moitas non, con moitísima risas, moi activa e participativa, onde os protagonistas da historia foron moitos dos espectadores. Contáronnos a Sereiña en inglés, " The Little Mermaid".
Que o teatro é unha forma de diversión excelente para todos, xa o sabemos, pero se ademáis de divertirse, aprendemos conceptos novos, afianzamos o que sabemos nese idioma e botamos unhas boas risas, o resultado é un espectáculo increíble.
E como mostra do ben que o pasamos aquí tendes uns pequenos vídeos.
REPETIREMOS!
lunes, 4 de mayo de 2015
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Son eses días que podemos ter seguro
que quedarán nun recunchiñp do noso baúl dos nosos recordos:
OS APADRIÑAMENTOS E
AFILLADAMENTOS LECTORES!
Si, si, así como o
ledes porque o alumnado de terceiro temos a sorte de vivir os dous roles.
Primeiro, o luns 27 de abril, fomos padriños dos nenos e nenas
do último ano de Educación Infantil.
Que lembranzas máis bonitas temos da nosa
estadía nese centro!!!.
Que bonito volver a atoparnos con Tania e Xixela, as nosas profes de infantil!!!!
Que pracer lerlle aos pequeniños os nosos contos
preferidos de cando nós tiñamos esa idade!!!
Despois o martes 28 de abril, fomos
afillados lectores, porque o alumnado de sexto de primaria veu lernos a nós.
Sabemos que este foi o último ano pois, este alumnado, xa se vai do cole e nós o ano que vén xa só seremos padriños, e ninguén nos lerá pois xa seremos dos maiores do cole.
Moitas grazas mozos e mozas de sexto!!!!
Encantounos que nos lerades!!!!
Tede por seguro que máis de un xa estamos lendo eses libros que comezáchedes con nós!!!!!
Tede por seguro que máis de un xa estamos lendo eses libros que comezáchedes con nós!!!!!
Sabemos que este foi o último ano pois, este alumnado, xa se vai do cole e nós o ano que vén xa só seremos padriños, e ninguén nos lerá pois xa seremos dos maiores do cole.
LEI DE VIDA!
domingo, 26 de abril de 2015
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
LENDO NO NOSO RECUNCHO FAVORITO
Que mellor lugar para celebrar o Día
do Libro que un Centro Educativo? Por suposto o noso cole non podía ser menos.
Xa hai uns días que Papirus a través do Bibliocastelo mandounos unha carta onde nos propoñía unha fermosa
actividade.
E claro xa sabedes que este ano o noso Polbiño
está moi obsesionado coa ARTE. Disque aínda non trataramos nada que tivera que
ver coa fotografía. Así que se lle ocorreu
que nos fixeramos selfies lendo no no noso recuncho preferido e que logo
decoráramos o marco artisticamente.
O resultado foi espectacular e agora o vestíbulo
do cole está cheo das nosas fotos. Aquí tedes algunhas fotos que volo mostra
pero estades todos e todas invitados e invitadas a velas.
ANIMACIÓN " FRAY PERICO"
O alumnado de terceiro tivemos tamén a sorte de recibir o mesmo día 23 de abril a visita dun animador lector como recompensa de ter lido durante este curso o libro"Fray Perico y su Borrico".
Pasámolo bomba!!"
domingo, 5 de abril de 2015
TEATRO " O ESPANTALLO AMIGO"
Iamos moi ilusionados pois previamente léramos o libro na clase. Namoráranos este personaxe cheo de tenrura, aprenderamos a querelo e a máis dun escapóusenos unha bágoa ao ler as súas páxinas. Soubemos que estabamos lendo un clásico da literatura infantil galega escrito por un dos mellores escritores de todos os tempos: "Xosé Neira Vilas"
Os Quinquilláns non nos decepcionaron. Solo eran dous, un actor e unha actriz, pero puidemos ver, por suposto, ao Espantallo, ao tío Ramón de Reborneda, aos merlos, ao can Penexo, ao gato Xirimía, ao grilo, e a Moncho, nunha actuación magnífica.
Ao final, moi amablamente, accederon a sacarse unha fotos con nós. Algún de nós tivemos a sorte de poder disfrazarnos dalgún dos pesonaxes da obra.
TERCEIRO A
TERCEIRO B
CUARTO A
CUARTO B
RECICLANDO
As aulas de terceiro enchéronse por un día de lixo.
Que mellor forma de aprender a reciclar que reciclando?
Levábamos varios días concienciándose do gran problema que supón a cantidade de residuos que cada día producimos. Decidimos que tiñamos a responsabilidade de REDUCIR o consumo, de REUTILIZAR os produtos e de RECICLAR.
Ocorréusenos que a mellor maneira de aprender a separar o lixo e botala no colector correspondente era facelo.
A nosa primeira parada foi no noso cole pois estamos facendo unha recollida de tapóns con fins solidarios. Despois diante do instituto botamos as pilas e comprobamos que estes colectores tiñan dous buratos diferenciados, un para as plas botón e outro para as pilas clásicas. Xa cerca do cole de infantil atopamos os colectores amarelo, azul. verde claro e verde escuro.
Os profes lembráronnos alí mesmo como debiamos facelo e a importancia de que sempre o fixeramos así. Despois con orde desfixémonos da nosa carga.
DE LIXO?
Pois si o alumnado tiñamos un encargo especial e, ademais de acudir ao cole cargando a nosa mochila con libros e cadernos, tamén trouxemos bolsas cargadas de botellas, latas, bricks cartóns, papeis, vídreo ...Que mellor forma de aprender a reciclar que reciclando?
Levábamos varios días concienciándose do gran problema que supón a cantidade de residuos que cada día producimos. Decidimos que tiñamos a responsabilidade de REDUCIR o consumo, de REUTILIZAR os produtos e de RECICLAR.
Ocorréusenos que a mellor maneira de aprender a separar o lixo e botala no colector correspondente era facelo.
A nosa primeira parada foi no noso cole pois estamos facendo unha recollida de tapóns con fins solidarios. Despois diante do instituto botamos as pilas e comprobamos que estes colectores tiñan dous buratos diferenciados, un para as plas botón e outro para as pilas clásicas. Xa cerca do cole de infantil atopamos os colectores amarelo, azul. verde claro e verde escuro.
Os profes lembráronnos alí mesmo como debiamos facelo e a importancia de que sempre o fixeramos así. Despois con orde desfixémonos da nosa carga.
VÍDREOS E CRISTAIS
PLÁSTICOS, LATAS,
BRICKS PAPEL DE ALUMINIO
PAPEIS E CARTÓNS
PILAS
domingo, 15 de febrero de 2015
UN ENTROIDO CHEO DE ARTE
Non somos, nin debemos ser supersticiosos pero celebrar o ENTROIDO un venres 13... Pois non, non foi o mellor día do ano. Choveu a chuzos así que non pudemos lucir polas rúas da nosa vila estes disfraces que tanto traballo nos costou facer. Así que, como acontecera o día da PAZ, quedámonos no ximnasio do cole, e aínda que non da mesma maneira tamén o pasamos ben. Alí todos os ciclos cantamos a nosa canción. Nós coa música de " 4 Vellos Mariñeiros" cantamos a nosa:
Terceiro e cuarto Da Pedra
Terceiro e cuarto Da Pedra
Somos cadros de Miró.
Da gusto vernos a todos
Con lúas, estrelas e soles de cores.
Da gusto vernos a todos
Con lúas, estrelas e soles de cores.
José Solla, Cesar Lombera
Peteiro, Marga Portela.
Son artistas e son galegos
que nós traballamos
para coñecelos.
Son artistas e son galegos
que nos traballamos
para coñecelos.
Ai lalelo
Coas nosas caras fixemos
coas nosas caras fixemos
un precioso mural.
Era todo un Pop Art,
Para Andy Warhol
poder imitar.
Era todo un Pop Art
Para Andy Warhol poder imitar.
Emocionarte e namorarte,
Valorarte e consolarte,
Troulear e
disfrazarte
neste Entroido
Tan cheo de Arte.
Troulear
e disfrazarte
neste Entroido
Tan cheo de Arte.
Ai lalelo
Disque é a culpa da LOMCE
Disque é a culpa da LOMCE
E do ministro Wert.
Andan tolos estes mestres,
buscando tarefas para nós facer.
Andan tolos estes mestres,
buscando tarefas para nós facer.
Nós na Pedra
Estamos de festa,
Nós na Pedra
Imos celebrar
Que gañamos todos este curso
Un
premio especial a nivel nacional,
Que gañamos todos este curso
Un
premio especial a nivel nacional.
Ai lalelo
Seguindo co proxecto de ARTE que como sabedes estamos levando no centro, o alumnado de 2º ciclo fomos por un día CADROS de MIRÓ.
Neste vídeo podesdes comprobar que no só nos disfrazamos, tamén imitamos a Miró pintando nos mesmos os cadros
A ARTE DE CONSTRUÍR A PAZ
Como cada 30 de xaneiro no CEIP "A Pedra" celebramos por todo o alto o día da paz.
Este ano, non podía ser doutra maneira, foi unha celebración moi artística.
Ao alumnado do 2º ciclo tocounos facer o mural da entrada e... Coas nosas caras fixemos un precioso cadro emulando aos POP ART de ANDY WARHOL.
Este foi o resultado
3ºA
3ºB
4º A
4ºB
Traballamos os días previos á celebración do día da paz, todas as aulas do centro, palabras relacionadas coa paz na que estaba incluída a palabra PAZ, coas que tivemos que elaborar uns pequeno texto para ser lidos.
Este foi oresultado:
"Queremos namorARTE cando saibas que nos alegramos dos teus éxitos, que nos afliximos se ti sufres, porque nos gusta o teu sorriso amable, doce, sincero, cariñoso, namóranos a túa mirada boa, limpa, tenra e despexada."
"Eu quero lembrARTE con cariño para que te sintas feliz, pola túa intelixencia e paciencia para solucionar os teus problemas, pola túa xenerosidade para que te sintas ben, porque sempre me sentín acompañado por ti."
"Queremos emocionARTE cando nos das un sorriso, cando nos les algo bonito, acndo nos das aloumiños con moitos biquiños. Queremos emocionARTE porque da nosa vida formas parte. coas nosas delicias de pinturas de arte"
"Queremos consolARTE cando estés disgustado e triste, cando non teñas plalbras e ideas para expresar o que estás sentindo. Queremos consolARTE sempre."
domingo, 18 de enero de 2015
ANIMAIS E PLANTAS 4ºA 4ºB
Empezamos este novo trimestre coa exposición do derradeiro traballo de coñecemento do medio "As funcións vitais en animais e plantas".
Esta vez por parellas decidimos realizar un powerpoint escollendo un animal e unha planta. Utilizando o vocabulario específico do tema e empregando os conceptos aprendidos expuxeron oralmente o seu traballo. Falaron da función de nutrición, da reprodución e da función de relación de animais e plantas.
Explicando algúns tropismos das plantas, como a orientación das raíces cara á auga, ou das follas cara ao sol, ocorréusenos facer na aula un pequeno experimento.
Collemos dous caraveis brancos, metemos o talo nun recipiente con colorante azul e outro vermello, e así puidemos comprobar ao longo dos días como as súas follas ian tornándose desa cor. Algúns animáronse a facelo incluso na casa e engadiron os resultados no seu powerpoint.
Os resultados unha vez máis foron excelentes! Sabemos que a exposición oral é o máis difícil neste tipo de traballos, porén cada vez fano mellor. Facemos fincapé na importancia de engadir pequenos esquemas e fotografías que nos axudan a coller confianza en nós mesmos, nos serven como guía e fan que a nosa ponencia sexa moito máis amena.
Este tipo de aprendizaxe é moito máis significativa e motivadora, e a vosa creatividade é unha fonte inesgotable de sorpresas!
Grazas!
PARABÉNS!
lunes, 22 de diciembre de 2014
JORGE PETEIRO
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte", neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pintor coruñés Jorge Peteiro porque encantounos o seu estilo propio e os seus cadros cheos de luz e de cor, que sen dúbida, reflicten ledicia.
A gama de cores que emprega vai dende marróns, ata os verdes, blancos ou morados, así como tamén as cores primarias. A unión de todas esas cores serán a base principal das súas obras, a súa linguaxe, o seu estilo e identidade.
Despois de indagar un pouco na súa biografía, puxémonos a escoller os cadros que máis nos gustaban. Foi difícil a elección pero finalmente decidímonos por estas catro paisaxes:
Agora tocábanos traballar a nós, e así foi como a nosa aula converteuse nun taller cheo de lenzos, pinceis, pinturas, papeis de xornais... e a pintar artistas! Respirábase moita Arte!!
Descubrimos que ser pintor non era unha sinxela tarefa, porén inténtamolo e disfrutamos duns días artísticos cuns resultados máis que excelentes.
Espero que disfrutedes co vídeo.
Xa estamos a argallar algo para o seguinte trimestre, que será?... ;)
FELICES FESTAS!
Que mellor maneira de felicitarvos que facelo cos lemas que vós mesmos, as familias do alumnado de 2º ciclo, propuxestes. Debo dicir que só unha foi a elexida, pero que todas, absolutamente todas, o mereciades tamén.
CON ESTA PRECIOSA TARXETA, FEITA POR TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA BAIXO A SUPERVISIÓN DA PROFE GELI E O LEMA DE LAURA BROCOS, O EQUIPO DE MESTRES E MESTRAS E O ALUMNADO DE TODO O CEIP A PEDRA DEXÉSANVOS QUE PASEDES ESTAS FESTAS RODEADOS DOS VOSOS SERES QUERIDOS EN PAZ E HARMONÍA.
Sé artista e regala ledicia no Nadal.
(Mabel 4ºB)
O Nadal vívese en familia, cántase en conxunto e celébrase con todos.
(Lucía D. 4ºA)
Este Nadal empeza a pensar nos
demais. (Jorge 3ºA)
Cun bote de cariño e un pincel de ilusión iremos pintando sorrisos en
todos os corazóns. (Laura Brocos 3º A)
Se neste Nadal distingues unha
luz ,moi brillante no ceo, pide un desexo de FELICIDADE para o mundo
enteiro. (Atenea 4ºB)
*Mellor que todos os agasallos debaixo da árbore de Nadal é a presenza
dunha familia feliz. (Alexandra 4ºB )
O importante do Nadal non é o Papá Noel , senón estar coa familia e
pasalo ben. (Alba 4ºB)
Que este ano te atrape o espírito do Nadal. (Andrea G. 4ºA)
A arte máis grande é que a
felicidade brille en todos os fogares do mundo.Felices festas. (Yago
4ºB)
Que o conxunto de persoas disfruten da maxia navideña. (Alonso 4ºB)
O Nadal é o pracer de ser positivo, amar e sorrir.Feliz 2015! (Javier 4ºB)
A maldade non existe e xa ven o ben , preparádevos persoas ,o Nadal
está por facer. (Daniel R.4ºB)
Neste Nadal lucirá a maxia, as cores e a luz , coma se fose un cadro
luminoso que expresa a bondade e amizade. BO NADAL. ( Rocío
4ºB)
O Nadal é o momento de vivir con esperanza, sorrí , comparte. BO NADAL
! (Mario 4ºB)
Se fose pintor pintaría no Nadal todas as caras cheas de sorrisos .
(Salva 4º B)
O mellor dos pintores é o que pinta a un neno coa ilusión que dá o
Nadal.(Carmen 4ºA)
A arte non é unha pintura nin unha escultura , senón unha alma ao
descuberto. (Nuria 4ºA)
No Nadal turrón a cantidade.( Sara D. 4ºA)
CON ESTA PRECIOSA TARXETA, FEITA POR TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA BAIXO A SUPERVISIÓN DA PROFE GELI E O LEMA DE LAURA BROCOS, O EQUIPO DE MESTRES E MESTRAS E O ALUMNADO DE TODO O CEIP A PEDRA DEXÉSANVOS QUE PASEDES ESTAS FESTAS RODEADOS DOS VOSOS SERES QUERIDOS EN PAZ E HARMONÍA.
TERCEIRO A
CUARTO A
TERCEIRO B
CUARTO B
E para rematar deixámosvos un pequeno vídeo dos diferentes obradoiros que fixemos o venres antes da visita das súas maxestades,os Reis Magos. Dous dos obradoiros eran decorativos, noutro xogamos ao Bingo coas profes Luisa e Megan, e por último coa profe Gore movemos o esqueleto. Foi xenial!!
E para rematar deixámosvos un pequeno vídeo dos diferentes obradoiros que fixemos o venres antes da visita das súas maxestades,os Reis Magos. Dous dos obradoiros eran decorativos, noutro xogamos ao Bingo coas profes Luisa e Megan, e por último coa profe Gore movemos o esqueleto. Foi xenial!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
O pasado venres 21 de xuño festexamos a tan ansiada festa de fin de curso. Empezamos coa entrega de premios de Dinamización do tradicional ...
-
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...





.jpg)




.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)