sábado, 15 de abril de 2017

VISITA AO COMPOSTEIRO

Hai unha frase que os nosos profes repítenos en innumerables ocasións! 
VÓS SODES O FUTURO! 
TEDES QUE COIDAR O MEDIO AMBIENTE!
Pois ben, nos son só palabras que leve o vento. Sabemos que temos que Reducir o consumo, que temos que Reutilizar e aprendemos a Reciclar.
Pois ben, dende o pasado mes de outubro, temos, nos Xardíns Urbano Lugrís da nosa vila, un composteiro. Xa meses atrás recibimos a visita no noso cole dun experto na materia que nos falou das ventaxes deste xeito reciclaxe de materiais orgánicos. 
Agora tocou o turno de ir vistalo. Alí nos esperaba o mestre composteiro.




Ensinounos que tipo de lixo era o que se podía traer a esta planta. Tamén que antes de botalo, tiñamos que facer un burato e despois tapalo cun acelerante que tiñamos que coller dunhas sacas. Explicounos o proceso, no que estes restos orgánicos se terminaban convertindo en compost. 





Pasámolo moi ben peneirando!

























Marchamos moi contentos coa nosa bolsa de compost. Ao chegara a casa teriamos que vertelo no xardín, ou nunha maceta.
 É un magnífico abono!

Tamén fomos obsequidos cun diploma de mestre composteiro ou de mestra composteira. E, ser mestre ou mestra significa que temos que ensinar aos nos pais, avós ou veciños a importancia de reciclar os residuos orgánicos, e tamén como o temos que facer.

viernes, 7 de abril de 2017

ASOCIACIÓN PÁRKINSON



Este martes o alumnado de 4º A estivemos de visita na Asociación de Párkinson de Bueu. Co gallo do noso proxecto sobre a saúde, cada parella indagou sobre unha enfermidade, investigaron os seus síntomas, nomes científicos, tratamentos, hábitos saudables...e moitas curiosidades máis. Pois ben, unha parella fixo un bo traballo sobre a enfermidade do Párkinson e que mellor forma de seguir aprendendo que visitando esta asociación no noso pobo. 
Cando chegamos recibiunos a presidenta da asociación, Begoña. Un grupo de persoas maiores estaban esperándonos con moita ilusión. 




Estivemos falando un bo anaco sobre nós e tamén eles se presentaron, Cholo, Tito, Lina, Carme, Gerardo, Mercedes, Pepita, Pura...e moitos máis contáronnos as súas vidas de cando eran novos. Falamos dos distintos oficios que tiveran; mariñeiros, porteiro de fútbol, traballadoras de fábricas, dependenta en Arxentina, modistas, asistentas, cociñeiras e incluso un deles dou tres veces a volta ao mundo a bordo dun transatlántico. 
Vidas moi distintas porén con algo en común, a enfermidade do Párkinson. Moitos deles levan indo aí dende hai moitos anos, sendo xa como unha pequena familia, onde todos xuntos traballan día a día para levar mellor a súa enfermidade. Todos se sinten mellor grazas ás fisioterapeutas, ás clases na piscina, ás clases co logopeda, ás xuntanzas de cada día onde cantan, colorean, falan... porque eso é o que fan as familias, apoiarse uns a outros e sentirse queridos. 

Pasamos unhas horiñas con eles e puidemos incluso facer ximnasia xuntos. Pasámolo xenial!



















GRAZAS A TODOS ELES, GRAZAS Á ASOCIACIÓN POR RECIBIRNOS E PODER VER O MARABILLOSO TRABALLO QUE FACEDES!



VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...