VÓS SODES O FUTURO!
TEDES QUE COIDAR O MEDIO AMBIENTE!
Pois ben, nos son só palabras que leve o vento. Sabemos que temos que Reducir o consumo, que temos que Reutilizar e aprendemos a Reciclar.Pois ben, dende o pasado mes de outubro, temos, nos Xardíns Urbano Lugrís da nosa vila, un composteiro. Xa meses atrás recibimos a visita no noso cole dun experto na materia que nos falou das ventaxes deste xeito reciclaxe de materiais orgánicos.
Agora tocou o turno de ir vistalo. Alí nos esperaba o mestre composteiro.
Ensinounos que tipo de lixo era o que se podía traer a esta planta. Tamén que antes de botalo, tiñamos que facer un burato e despois tapalo cun acelerante que tiñamos que coller dunhas sacas. Explicounos o proceso, no que estes restos orgánicos se terminaban convertindo en compost.
Pasámolo moi ben peneirando!
Marchamos moi contentos coa nosa bolsa de compost. Ao chegara a casa teriamos que vertelo no xardín, ou nunha maceta.
É un magnífico abono!
Tamén fomos obsequidos cun diploma de mestre composteiro ou de mestra composteira. E, ser mestre ou mestra significa que temos que ensinar aos nos pais, avós ou veciños a importancia de reciclar os residuos orgánicos, e tamén como o temos que facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario