martes, 25 de abril de 2017

ALFOMBRAS CON ARTE.


O pasado venres 21, o alumnado de 3º e  4º asistiron a unha actividade organizada pola "Asociación Cultural de Alfombras Florais de Bueu", sobre a tradición da confección de alfombras polo Corpus Christi.
Descubrimos que é unha festa relixiosa pero tamén artística,  moi antiga, que data da Idade Media e na súa orixe as alfombras enmascaraban o  mal estado e mal cheiro das rúas durante o paso da procesión. En Bueu esta festividade se remonta, como mínimo ao siglo XVII, e no ano1913 aparece a primeira documentación escrita que fai alusión ás alfombras de Bueu.
Tras unha pequena introdución da historia, Rafa Oliveira explicounos os pasos previos para confeccionar alfombras de flores:
  • Deséñase o debuxo da alfombra para saber o que precisamos utilizar.
  • Búscanse os distintos materiais necesarios.
  • Escóllense e trabállase sobre eses materiais porque algúns téñense que conservar durante un longo periodo.

Este ano polo "Día das Artes Galegas" homenaxéase a Maruxa Mallo, era o pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro no ano 1902 e finada en Madrid en 1995. Foi unha pintora surrealista galega.  
Esta pintora garda relación con Bueu, concretamente con Beluso, xa que estivo de vacacións alá polo ano 1936, debuxando no seu caderno bosquexos das paisaxes e obxectos que ía observando e que máis tarde reflictiría nas súas obras. Por iso, este ano a temática das alfombras de Bueu xirará en torno á figura desta ilustre pintora e poderemos disfrutar dalgunhas das súas obras.


As dornas galegas representadas nas súas obras.




Ao rematar coa teoría pasamos ao que máis nos gusta a todos, á práctica! Por equipos e coa gran axuda de Carmen, Moncho, Mundo, Finita e Rafa tiñamos que facer unha alfombra dun retrato de Maruxa Mallo, e como cando se traballa en equipo tivemos que decidir que cores e materiais empregar. Para moitos era a primeira vez que se poñían a facer unha alfombra de flores e foi moi moi divertido!!




Esperamos que con esta visita moitos se animen a participar nesta festa cada vez máis famosa e con máis relevancia en Bueu. 







PARABÉNS A TODOS E A TODAS!! UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS!

MOITAS GRAZAS A TODOS OS MEMBROS DA ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU POR VIR E INCULCAR UN POUCO DE TRADICIÓN POPULAR. PARABÉNS POR ESE TRABALLO!




BOTADE UNHA OLLADA NESTES VÍDEOS DO BEN QUE O PASAMOS.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...