O último día, antes das vacacións de Pascua, aproveitamos para organizar mellor os equipos cooperativos.
Tocounos facer o caderno de equipo.
E tamén o plan de equipo. Tiñamos que empezar cunha negociación. Que imos negociar?
- O nome do equipo.
- O logo do equipo.
- Reparto de cargos: Coordinador, secretario, axudante e intendente.
- Obxectivos do noso equipo.
- Compromisos persoais.
Discutimos moito, pois, aínda que algúns mantivemos o nome do noso equipo, outros decidimos cambialo. Máis dura foi a negociación dos cargos, pero ao final chegamos todos a un acordo.
Para unir máis os nosos lazos decoramos, coas nosas pegadas de cores, unhas árbores. Quedáronnos chulísimas.
AGORA SÓ NOS QUEDA TRABALLAR MÁIS E MELLOR DE XEITO COOPERATIVO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario