jueves, 6 de abril de 2017

FIN DE TRIMESTRE 3º DE PRIMARIA: TRABALLOS COOPERATIVOS, MENÚS SAUDABLES E COIDAMOS O NOSO CORPO

O pasado venres, demos por rematado o segundo trimestre. Estamos moi satisfeitos polos resultados acadados.
 Foi un período moi especial pois metémonos a fondo na APRENDIZAXE COOPERATIVA,  e cada vez nos custa menos Cooperar, Escoitar, axudar ou chegar a un consenso cos membros dos nosos equipos. 
As profes dinnos que están moi orgullosas de nós e non podemos estar máis felices.

Gustaríanos agora compartir con vós dúas tarefas que levamos a cabo neste etapa.·      
  •    A alimentación.
  •    Coidamos o noso corpo.


 Centrámonos primordialmente en saber que cada alimento nos proporcionaba diferentes sustancias nutritivas ( auga, hidratos de carbono, vitaminas, minerais proteínas ou graxas) e que nos servían para darnos enerxía, para previr enfermidades, para que o noso corpo funcionase perfectamente ou para medrar. Con estes datos elaboramos pirámides e rodas de alimentación.



 Fixemos experimentos na aula de ciencias para comprobar a cantidade de graxa que contiñan os alimentos. Sorprendeunos que o queixo tivese tanta graxa de orixe animal e que o augacate fose riquísimo en graxa de orixe vexetal.


Elaboramos despois, cada un, un menú saudable, tendo en conta as cinco comidas diarias (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea) na que contabamos non só o que comiamos senón tamén que nutrientes contiñan e que nos aportaban. 

 Aprendemos moito uns dos outros, pois expuxémolos na clase




Rematamos o proxecto co programa “Almorzo con beizos brancos”. A actividade tiña por obxectivos:
·       Sensibilizar aos nenos/as e, na medida do posible, aos seus pais, acerca da importancia que ten almorzar todos os días dunha maneira completa e saudable.
·       Dar a coñecer aos nenos o sistema produtivo do leite, tan importante en Galicia, mediante as ilustracións “de onde vén o leite”.
Primeiro, un xóvenes moi simpáticos déronnos unha charla sobre a importancia de alimentarnos ben.



Despois fixemos uns xogos para secuenciar o proceso do leite dende que se muxe a vaca ata que chega aos nosos fogares.


Pero o mellor estaba por chegar. Almorzamos un vaso de leite con cacao natural e mel, unhas torradas de pan galego e mandarinas.
Ummmm estaba boísimo!




O outro proxecto, veu como lóxica continuación a este primeiro e tratou sobre a Saúde e a Enfermidade. Centrámonos esencialmente na importacia de coidar o noso corpo cunha alimentación axeitada e con hábitos saudables de deporte e hixiene.
Asemade aprendemos o que eran os medicamentos: os preventivos ( vacinas ) ou os que combaten as enfermidaes. Fixemos posteriormente unha especie de autobiografía na que contabamos a nosa historia de saúde, enfermidade ou accidentes salientables. Moitos de nós utilizamos como fonte as nosas cartillas de saúde e que nos contou mamá e papá.
Quedáronnos uns traballos chulísimos que tamén lle contamos aos nosos compañeiros nunhas sesións expositivas.



No seguinte vídeo poderedes gozar dos bos momentos vividos polo alumnado de terceiro ao longo do trimestre que acabamos de rematar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...