sábado, 25 de noviembre de 2017

O ALUMNADO DE CUARTO VISITA A PANIFICADORA DE ALDÁN

Como todos sabedes, este ano o proxecto do bibliocastelo xira en torno aos alimentos.
 Enmarcada dentro das actividades que imos realizar este curso, tivo lugar a excursión a Aldán para visitar a Panificadora Iglesias en Aldán.
O primeiro que fixemos, tan pronto chegamos alí, foi vestirnos todos cunhas batas brancas e cuns gorros da mesma cor. Explicáronnos que toda manipulación de alimentos debe estar rodeada dunhas medidas 
hixiénicas exquisitas. 



A continuación, mentres un grupo quedámonos amasando con David, un encantador panadeiro, outros pasamos a coñecer as instalacións acompañados de Roxelio, un dos xefes da empresa, que nos explicou, con moita paciencia, todo o proceso da elaboración do pan, dende que sae a fariña do silo, se mestura coa masa nai, co lévedo e a auga ata que sae do forno. Mostrounos tamén as cociñas, onde se elaboran as empanadas e tamén o apartado de repostería.
Non temos imaxes da factoría porque nos se nos permitiu sacar fotos, pero si as temos gozando coa masa.

Non podemos estar máis agradecidos, porque ao finalizar a visita esperábanos a mellor das sorpresas! Cecilia, a encargada de calidade da empresa esta esperándonos
CUNHA OPÍPARA MERENDOLA!




 . O día foi perfecto despois ter visitado o BOSQUE ENCANTADO, na mesma localidade de Aldán. Comprobamos cos nosos propios ollos porque lle puxeron este nome. Estaba precioso coas cores otoñais. A máis de un pareceunos ver algunha FADA VERDE ou algún TRASNIÑO. 
Hai quen di que Derdrín, abandonou as fermosas terras da Fraga do Eume, ao namorarse dunha trasniña que vive neste bosque.



























viernes, 24 de noviembre de 2017

SAÍDA A PONTEVEDRA



Este mércores o alumnado de terceiro de primaria achegouse ata a sede  Afundación de Pontevedra para gozar da obra de teatro, "RUBICUNDO", onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. 
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia de misterio e amizade na que Erea, unha rapaza curiosa e soñadora, xunto co seu amigo Darío intentan descubrir o gran segredo que se agocha tras Rubicundo. Unha personaxe enfundada nun gabán e un sombreiro de copa que todas as noites sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha.  




Tras chegar ate o fin do misterio desta máxica obra da que nos gustou todo, incluído o marabilloso decorado, puxemos rumbo ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA), o primeiro centro museográfico municipal da cidade de Pontevedra.

Alí vimos como era a Pontevedra medieval e observamos os restos da antiga muralla que rodeaba a cidade  e os restos do pazo-fortaleza, un dos monumentos máis emblemáticos da historia de Pontevedra, xunto coa ponte medieval e a igrexa de Santa María a Maior .


















Para rematar o día fomos xogar ao Parque das Palmeiras antes de coller de volta o bus que nos traería ao colexio.
















miércoles, 15 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA 2


Este mércores 15 o alumnado de 3ºA e 3º B continuamos cos nosos experimentos. 
Aproveitando que na saída da semana pasada á panificadora de Aldán regaláronnos unhas batas brancas, deixámolas na aula para así vestirnos como científicos na nosa aula de ciencias. Pois ben, esta vez fixemos dous experimentos, un de observar e outro de participar. 
 No primeiro experimento necesitamos un refresco de coca-cola e un pouco de leite. 
Nunha botella baleira botamos bastante do refresco de cola, un pouco de leite e observamos o que sucedía. Aínda que os cambios foron lentos, puidemos aprecialos facilmente ao cabo de media hora.











COMPROBAMOS QUE OS DOUS LÍQUIDOS NON SE MESTURAN.

O segundo experimento foi o máis divertido, chamámolo ARTE CON CORES. 
As profes xa tiñamos preparados os materiais enriba da mesa, un prato cun pouco de leite, un bastoncillo e un pouco de deterxente líquido. 
Collemos tres cores de colorante, o vermello, o azul e o amarelo. Puxemos unha pinga en cada prato. Quedaron uns círculos perfectos e puidemos comprobar que as distintas cores non se mesturaron.


1º COMPROBAMOS QUE MESTURANDO UN POUCO DE AUGA E COLORANTE VERMELLO A AUGA CAMBIABA TODA DE COR.





Despois co bastoncillo mollámolo nun pouco do deterxente e puxemos unha pinga en cada punto de cor e.....SORPRESAAAAAA!! 






SODES TODOS E TODAS UNS ARTISTAS!

ATA O PRÓXIMO! QUE DIVERTIDA É A CIENCIA!

 




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...