Este mércores o alumnado de terceiro de primaria achegouse ata a sede Afundación de Pontevedra para gozar da obra de teatro, "RUBICUNDO", onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia de misterio e amizade na que Erea, unha rapaza curiosa e soñadora, xunto co seu amigo Darío intentan descubrir o gran segredo que se agocha tras Rubicundo. Unha personaxe enfundada nun gabán e un sombreiro de copa que todas as noites sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha.
Tras chegar ate o fin do misterio desta máxica obra da que nos gustou todo, incluído o marabilloso decorado, puxemos rumbo ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA), o primeiro centro museográfico municipal da cidade de Pontevedra.
Alí vimos como era a Pontevedra medieval e observamos os restos da antiga muralla que rodeaba a cidade e os restos do pazo-fortaleza, un dos monumentos máis emblemáticos da historia de Pontevedra, xunto coa ponte medieval e a igrexa de Santa María a Maior .
No hay comentarios:
Publicar un comentario