O día 9 de novembro os nenos e nenas de terceiro de primaria fixemos unha saída a Aldán.
Comezamos o día visitando a panificadora Rogelio Iglesias na cal nos deron unha bata e un gorro para poder estar nas instalacións. Alí aprendemos cal é o proceso de fabricación do pan, dende que o amasan ata que o reparten, así como a elaboración de empanadas, postres, xeados e batidos.
Que mellor xeito de rematar esta visita que cunha rica e deliciosa merendola de pizzas, biscoitos e bebidas coa que nos agasallaron.
Moitas grazas a Rogelio pola hospitalidade e esa gran merendola!
A nosa segunda parada foi o Bosque Encantado. Para chegar a este marabilloso lugar fixemos unha pequena camiñata andando polo bosque. Alí puidemos observar un pequeno castelo abandonado cunha torre e unhas murallas de pedra.
Para rematar a excursión fomos a un parque, preto da praia de Aldán, no que xogamos todos xuntos e pasámolo xenial.
Foi unha mañá moi divertida, porque todo o que sexa saír das aulas e romper a rutina é fantastico. Ademais de aprender un montón sobre como funciona unha panificadora e realizar un pequeno roteiro pola natureza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario