lunes, 13 de noviembre de 2017

MAGOSTO




  • Polo san Martiño, andan as noces a roliño
  • Polo san Martiño bólas ó tellado e trompos ó camiño.

Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Polo san Martiño, cata o teu viño.
  • Polo san Martiño deixa a auga e bebe o viño
  • Polo san Martiño mata o teu porquiño.
  • Polo san Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño.
Un ano máis cando estamos enriba do San Martiño celebramos no noso centro o tradicional magosto.
Tocou o timbre ás 11:30 e a partir de aí todo foi diversión! Nos diferentes recunchos do patio había un xogo tradicional, dende os xogos con aros, tiro á chave, as buxainas, os zancos, aros polas botellas, pelouros... e algún máis. Agradecer a Manolo Otero e a Asociación Corredoiras pola súa colaboración e compartir con nós todos eses xogos que nos fan recordar con agarimo a nosa infancia e a dos nosos pais e avós.  



























Xogos que moitas veces coa chegada das novas tecnoloxías xa nin lembramos, xogos que reflicten diversión con amigos, xogos sinxelos ao alcance de calquera. Dende aquí queremos reivindicar os xogos que todos nós algunha vez xogamos de nenos, xogos ao aire libre que o único que precisábamos era un amigo. 

Asociación Corredoiras de Bueu
 GRAZAS EQUIPO!! :)

 Rematamos a xornada comendo todos xuntos as riquísimas castañas asadas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...