Esta vez tocounos ao alumnado de cuarto, ao igual que ao de terceiro, ir a Pontevedra.
A nosa primeira parada foi o auditorio de Afundación da cidade, onde gozamos vendo a obra Rubicundo,basada do libro do mesmo nome de María Canosa. Encantounos rimos moito, cantamos, aplaudimos e encariñámonos cos protagonistas, que coma nós estaban moi pendientes da meteoroloxía.
Ao saír paramos a merendar na praza da Ferrería. Unha gran cantidade de pombas achegáronse atraídas polas nosas saborosas merendas.
Diríximonos logo cara o noso seguinte destino: O edificio sexto do Museo de Pontevedra.
No camiño atopámonos cunha Pontevedra, descoñecida para a maioría de nós. Preciosas casas antigas de pedra, rúas estreitiñas e ... de súpeto unha estatua de tamaño natural.
Explicáronnos as profes que se trataba de Ramón María de Valle Inclán, un famoso escritor que pasou gran parte da súa vida nesta bela cidade.
Xa no museo, esperábanos Aida, unha simpática guía que nos levou a última planta do edificio, para que puideramos gozar coas Obras de Arte alí expostas. Pero non foi unha visita clásica na que ela falaba e nos escoitabamos. Propúxonos, pola contra unha actividade chamada: Detectives da Arte:
Nun caderno ían dándonos unha serie de pistas e nós tiñamos que atopar o cadro ou a escultura. Non podiamos correr nin gritar pero si movernos con soltura e falar nun ton axeitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario