lunes, 9 de abril de 2018

PROXECTO DE CIENCIAS NATURAIS SEGUNDO TRIMESTRE: ENFERMIDADES RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN.

En Ciencias Naturais, non podiamos pasar por alto, o PDI deste ano no colexio: 
" A ALIMENTACIÓN".
Xa fora un tema tratado no curso anterior, así que empezamos por repasar a Pirámide Alimenticia e os contidos que nos transmitía. Aproveitamos unha dinámica de traballo cooperativo o folio xiratorio e a transformamos nun texto expositivo. O mesmo aconteceu coa Roda dos alimentos. 
Volvemos  pasar ao noso vocabulario consciente, termos de  nutrientes (vitaminas, proteínas, hidratos de carbono, minerais, graxas, ...), grupos de alimentos (enerxéticos, reguladores ou construtores), ...
Pero este ano centrámonos máis nunha dieta saudable. Quixemos coñecer neste trimestre as enfermidades que están relacionadas coa inxesta de alimentos. Patoloxías producidas por carencias de vitaminas, como podía ser o raquitismo, o bocio, a avitaminose B12, o escorbuto. Outras por sintentizar mal os nutrientes como son as alerxias a lactosa ao ovo ou ao gluten, ou a diabetes. Enfermidades máis coñecidas como a gastroenterite, ou outras tan actuais como a bulimia, a anorexia ou a obesidade.

Este foi o noso guión:

Cada alumno ou alumna elixiu unha enfermidade e elaborou un texto, que podía vir acompañado ou non, á hora de ser exposto, por un power point. O obxectivo era elaborar un libro con todo.
Houbo moita variedade e aprendemos  moito con enfermidades como a anorexia ou a bulimia, pero tamén chamou moito a nosa atención a enfermidade das vacas tolas, ou a provocada pola bacteria anisakis. Sorprendeunos o raquitismo, a toxoplasmose, ...
Estas son algunhas das presentacións que se fixeron:

Uxía Gil expuxo un traballo impecable sobre a diabetes:


Leer más publicaciones en Calaméo
Carla informounos claramente sobre o perigo das caries:


Leer más publicaciones en Calaméo
Brais informounos sobre o bocio e a incidencia que esta enfermidade ten en Galicia:


Leer más publicaciones en Calaméo

Fabiola contounos de xeito moi apaixoado en que consistía a toxoplasmose porque ela é unha amante incondicional dos animais:



Leer más publicaciones en Calaméo
Aroha, sorprendeunos cun impresionante relato sobre a anorexia nerviosa, e cunhas durísimas imaxes sobre esta patoloxía que afecta a moitas adolescentes do mundo desenvolvido neste século:


Leer más publicaciones en Calaméo
Tamén queda a xeito de exemplo a  magnífica exposición que Hugo fixo sobre a enfermidade provocada pola bacteria anisakis:



Inés conseguiu que, primeiro o seus compañeiros e compañeiras, e despois, o alumnado de segundo mantivesen atención plena, pois o que lles contaba sobre o raquitismo era moi interesante.


No terceiro trimestre temos intención de continuar co este proxecto, centrándonos máis no etiquetado, no tipo de dietas e nas receitas.

domingo, 8 de abril de 2018

PROXECTO DE CIENCIAS SOCIAIS SEGUNDO TRIMESTRE: XEOGRAFÍA POLÍTICA DE GALICIA E ESPAÑA

O segundo trimestre do curso estivo dedicado na aula de 4ºA a coñecer a xeografía primeiro da nsa comunidade autónoma "Galicia" e despois de España.
Elaboramos primeiro  entre todos  mapas de Galicia.
 Como  foi moi fácil saber cales eran as provincias e as capitais pronto quixemos saber que outras comarcas ademais da nosa, 
O MORRAZO, había en Galicia. Interesámonos especialmente polas que podían ter que ver algo con nós ou con algunha profe do cole, .... Terminamos facendo unha lista de 12 comarcas galegas e puxémonos a investigar sobre elas por parellas.
Cada parella fixemos unha presentación dixital:
FABI E MARTIN: COMARCA DE FISTERRA

ESTA É PRESENTACIÓN DA COMARCA DO MORRAZO: 


Leer más publicaciones en Calaméo

ÓSCAR E MARIO: COMARCA DE LUGO:



ESTA É A  PRESENTACIÓN D:A COMARCA DE LUGO:



Leer más publicaciones en Calaméo

BREIXO E PABLO: COMARCA DE A LIMIA:




ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DA LIMIA :


Leer más publicaciones en Calaméo

ÁLEX E HUGO: CARBALLIÑO:

ESTA É A  PRESENTACIÓN DA COMARCA DE CARBALLIÑO:


Leer más publicaciones en Calaméo

ÁLVARO E SOFÍA: PONTEVEDRA



ESTA É A  PRESENTACIÓN DA COMARCA DE PONTEVEDRA:



Leer más publicaciones en Calaméo

PEPE E LUCAS: COMARCA DE VIGO


ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DE VIGO:


Leer más publicaciones en Calaméo

CARLA E BRAIS: COMARCA DO SALNÉS

ESTA É  PRESENTACIÓN DA COMARCA DO SALNÉS :


Leer más publicaciones en Calaméo

UXÍA GALLEGO E ANA: COAMARCA DE BETANZOS

ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DE BETANZOS:


Leer más publicaciones en Calaméo

UXÍA GIL E XAVI: COMARCA DA FONSAGRADA:

ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DA FONSAGRADA:

Leer más publicaciones en Calaméo

ROCÍO E INÉS: COMARCA DO MORRAZO

ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DO MORRAZO:


Leer más publicaciones en Calaméo

AROHA E ANTÍA: COMARCA DE DEZA

ESTA É A PRESENTACIÓN DE DEZA:


Leer más publicaciones en Calaméo

GABRIEL E MANEL: COMARCA DO CONDADO


ESTA É A  PRESENTACIÓN DA COMARCA DO CONDADO:



Leer más publicaciones en Calaméo
Rematamos o trimestre coñecendo o mapa de España. Ademais de traballar o mapa en formato papel, tamén o fixemos en formato dixital con mapas interactivos. O máis divertido foi elaborar nós mesmos o mapas e facer diversos xogos, coas comarcas de Galicia, coas provincias de España e con monumentos e lugares de interese turístico.




domingo, 11 de marzo de 2018

MULLERES FAMOSAS E MULLERES NOSAS


Foi un traballo intenso e longo. Empezamos por traballar o texto da biografía. Continuamos, investigando sobre mulleres do noso entorno que por unha ou outra circunstancia, chegamos a admirar. Despois compuxemos os textos. Por outra banda interesámonos polas vidas de mulleres que contribuíron dalgún xeito á humanidade e que foron, a maioría das veces inxustamente tratadas pola historia.
Aprendemos moito e sobre todo concienciámonos da importancia das mulleres no mundo, tanto das que viviron ou viven lonxe como das anónimas que estiveron ou están ao noso carón. 
Despois foron os ensaios, eramos demasiados e todos queriamos participar. 
Por fin chegou o día. O pasado venres, 9 de marzo, presentamos o noso traballo no Centro Social de Mar. 


Leer más publicaciones en Calaméo
Estabamos moi nerviosos e nerviosas pero todo o  mundo nos dixo que o fixeramos moi ben e que o traballo era moi fermoso. No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes. A música foi a utilizada na presentación.

viernes, 23 de febrero de 2018

DIA DE ROSALÍA


24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa galega por excelencia e unha das escritoras máis importantes do mundo. 
Para celebralo, todo o alumnado do noso cole preparou o recitado dun poema extraído do libro "Cantares Gallegos". A obra elixida fálanos de boliños de pote, de sopas de viño ou de papas de leite, así que nos veu de perlas para o noso proxecto de alimentación. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria, non ía ser menos.
Non perdades a ocasión de comprobar o ben que recitan.



Terceiro de primaria

Cuarto A  primaria



Cuarto B  primaria

jueves, 22 de febrero de 2018

MONUMENTOS E LUGARES DE INTERESE TURÍSTICO DE ESPAÑA

O alumnado de 4ºA está, neste trimestre, inmerso nun proxecto de xeografía. Esta presentación é un bo recurso para repasar lugares de España que lles gustaría visitar.
Power Point Lugares De Interese Turístico

lunes, 19 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018





 


UN SABOROSO ENTROIDO

 Co gallo do noso proxecto anual "UNHA ENCHENTE DE LIBROS", o tema do noso entroido tiña que ser algo saboroso, polo que en 3º pensamos en ir de peixiños e en 4º de camareiros e camareiras. 
Un ano máis saímos a percorrer as rúas de Bueu ata chegar ao concello, onde cantamos as distintas cantigas na carpa que había instalada na praza.

































CANTIGA DE 3º e 5º
CANTIGA DE 4º E 6º
A volta degustamos os productos típicos desta época: chulas, filloas, orellas....

 
Foi unha xornada de troula e diversión, se queres ver o ben que o pasamos ese día podedes ver o seguinte vídeo elaborado pola nosa compañeira Lina.







jueves, 8 de febrero de 2018

VISITA DE GONZALO MOURE

Resultado de imagen de palabras de caramelo
Este é o libro que nos namorou este curso a todo o alumnado de cuarto. A historia de kori e o seu cameliño Caramelo chegounos directamente o corazón e miles de emocións desbordáronse sen control. 
O culpable de que isto sucedese chámase GONZALO MOURE, autor deste preciosa historia ambientada nun campo de refuxiados no deserto do Sahara.
Pois ben, o pasado mércores, 7 de febreiro, tivemos a sorte de que el, en persoa, viñera ao noso cole.



Falounos do seu amor polo pobo saharaui. Contounos como unha pequena nena xorda, chamada Fatimetsu, foi a fonte de inspiración para escribir este fermoso libro. Respondeu a canta pregunta lle fixemos, satisfacendo a nosa curiosidade e finalmente asinou os exemplares da novela, que, ben podedes ter por  certo, gardaremos, con todo agarimo, nos andeis das nosas casas.
Mediante as instantáneas colocadas no vídeo poderedes observar como transcorreu a xornada. 



VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...