Cada clase o fixo dun xeito:
jueves, 21 de febrero de 2019
ROSALIANDO DEREITOS
Este ano volvemos recitar a nosa escritora máis ilustre para conmemorar o día do seu nacemento.
Quixemos buscar un poema que tivera que ver cos DEREITOS HUMANOS, e a verdade que foi moi doado, porque ROSALÍA, foi unha muller loitadora que denunciou as inxustizas, como temos que seguir facendo na época actual.
o poema elixido foi: "PRA HABANA" incluído no libro CANTARES GALLEGOS.
Cada clase o fixo dun xeito:
Cada clase o fixo dun xeito:
miércoles, 20 de febrero de 2019
VENTAN AIRES DE ENTROIDO
As rutinas diarias
estanse rompendo estes días nas aulas de terceiro e cuarto, pois toca
confeccionar os disfraces e complementos.
Ademais temos que
ensaiar a canción que imos cantar o día do pasarrúas.
Este vídeo é para
poder ensaiar na casa e para familiarizarnos coa melodía:
Este outro é a versión karaoke:
sábado, 2 de febrero de 2019
UNHA VIAXE POLO PERÚ
O día da Paz, os
alumnos e alumnas de terceiro e cuarto fixemos unha viaxe imaxinaria a un país
moi fermoso , situado en América do Sur: Perú.
A través distintas fotografías, a profe Bea falounos da súa experiencia como
voluntaria dunha ONG chamada INTI.
Con esta ONG viaxou
ao Perú duas veces. Inti é unha palabra
quechua que significa sol.
Na nosa viaxe observamos como son os nenos e nenas que viven na serra
do Perú, como son as súas casas, tan
diferentes as nosas! E como lles gusta xogar coma nós a pesar de haber tantas
diferenzas.
Ademáis,admiramos as paisaxes e adentrámonos en Iquitos nunha barca que
subía polo Amazonas.
Entramos en
zona de selva no Machu Pichu e sorprendeunos a súa flora e a súa fauna
tan fermosa. Tamén o seu arte.
Ao finalizar o
percorrido, houbo un turno de preguntas moi interesantes e curiosas.
MOITÍSIMAS GRAZAS PROFE BEA!
En primeiro lugar por ser tan solidaria e en degundo lugar por ser tan xenerosa e compartirlo con nós.
viernes, 1 de febrero de 2019
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Como en anos anteriores, comezamos a traballar a xornada da Paz e da Non Violencia preparando o gran mural da entrada:
Todas as clases tiñamos que elixir un lema no que reflectiríamos o que faciamos nos para conseguir a Paz. O plasmamos nunhas mans que logo teriamos que colocalo no mural colectivo.
Estas son as frases elixidas polo alumnado de terceiro e cuarto.
3º A : PREOCUPARSE POLAS PERSOAS QUE ESTÁN SUFRINDO.
3ºB: SOMOS DISTINTOS PERO IGUAIS NA NOSA CONVIVENCIA.
4ºA: MIRA AO TEU REDOR QUE ESTÁ CHEO DE BO HUMOR.
4ºB: TODOS OS DÍA TEMOS QUE CELEBRAR A PAZ. DER BOA PERSOAS COA XENTE QUE NOS RODEA.
O 30 de xaneiro, amenceu un día gris e moi chuvioso. Atopábamonos baixo a influencia dunha cicloxénes explosiva, que tiña por nome Gabriel. Non nos puidemos xuntar no patio cuberto co alumnado de E. Infantil, pero si que nos reunimos os de Primaria no ximnasio. alí puidemos cantar todos xuntos " QUÉROTE MÁIS" de Sonoro Maxín acompañados de linguaxe de signos e dicir en voz alta cal era o noso lema de PAZ.
miércoles, 30 de enero de 2019
CANTA GRAXA TEÑEN OS ALIMENTOS?
Dentro do proxecto de alimentación que o alumnado de terceiro levaron a cabo este primeiro mes de xaneiro, fixeron un experimento para saber que alimentos levan máis graxa.
Estaban moi nerviosos porque ademais ían inugurar a nova aula de ciencias.
Primeiro seleccionaron unha serie de alimentos: Queixo, augacate, pan, mazá, iogurt, manteiga, leituga, ...
Estaban moi nerviosos porque ademais ían inugurar a nova aula de ciencias.
Primeiro seleccionaron unha serie de alimentos: Queixo, augacate, pan, mazá, iogurt, manteiga, leituga, ...
Despois sobre un folio, ían manchando co alimento elixido:
Finalmente colocamos os folios nas ventás das nosas clases.
Ao día seguinte comprobamos que increíblemente o queixo ten moitísima graxa. Tamén observamos que o aguacate tamén contén moitísima pero as profes nos explicaron que ao ser graxa vexetal era máis saudable e que o podiamos usar perfectamente como fonte de enerxía.
domingo, 27 de enero de 2019
INAUGURACIÓN DO NOVO BIBLIOCASTELO.
O mércores, 16 de xaneiro foi o día no que o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a sorte de entrar por primeira vez no novo BIBLIOCASTELO.
Os ollos non cabían dentro da nosas caras cando entramos e vimos que ademaís da renovada zona de libros e ordenadores, se engadían agora recunchos de música, táblets, mesa interactiva, plástica, parede de legos ou zona de xogos de mesa e de disfraces. Comprobamos tamén que a aula de ciencias quedaba integrada alí e que o corredor exterior formaba parte do bibliocastelo.
A profe Lina foi a nosa guía:
O alumnado de terceiro e cuarto queremos dar
AS GRAZAS, a todas as persoas que fixeron posible que poidamos gozar desta fantástica biblioteca.
Os ollos non cabían dentro da nosas caras cando entramos e vimos que ademaís da renovada zona de libros e ordenadores, se engadían agora recunchos de música, táblets, mesa interactiva, plástica, parede de legos ou zona de xogos de mesa e de disfraces. Comprobamos tamén que a aula de ciencias quedaba integrada alí e que o corredor exterior formaba parte do bibliocastelo.
A profe Lina foi a nosa guía:
A xornada rematou cunha sesión de maxia. Outra vez o MAGO RAMÓN, volveu a sorprendernos co seus fantásticos trucos de maxia.
Nas seguintes imaxes podedes comprobar como, xa. en días posteriores, gozamos de todas novidades.
AS GRAZAS, a todas as persoas que fixeron posible que poidamos gozar desta fantástica biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Este curso estamos a facer un novo proxecto, chamado "Medrando en Valores". Na páxina da biblioteca do centro tendes o enlace. Al...
-
Ola rapaces e rapazas! Son a profe Ana, como vos boto de menos!!!! Aiiii a ver se pronto voltamos á rutina. Xuntos sí podemos, xa sabedes......

















































