Baixo o lema O GALEGO É A FÓRMULA, o alumnado de terceiro, acompañados polos máis pequenos do cole, achegámonos á veciña vila de CANGAS para asistir ao CORRELINGUA 2019.
Alí tras unha pequena ANDAINA asistimos ao concerto de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA.
No seguinte vídeo poderedes visionar distintas imaxes do alumnado de A Pedra que sistimos á festa da lingua. Fixádamevos ben! todos levamos as camisetas decoradas con fermosas palabras do noso idioma.
domingo, 5 de mayo de 2019
domingo, 28 de abril de 2019
INVESTIGAMOS SOBRE AS ÁRBORES GALEGAS
O alumnado de terceiro levamos a cabo un proxecto sobre AS PLANTAS.
Dende un principio foi un proxecto ilusionante.
Empezamos plantando uns bulbos de gladiolos:
Dende un principio foi un proxecto ilusionante.
Empezamos plantando uns bulbos de gladiolos:
Cada semana medidos e regamos as nosas plantacións e xa acadaron unhas dimensións considerables.
Elaboramos un mural coas follas de herbas, árbores e arbustos.
E nos iniciamos na elaboración de presentacións diixtais, investigando sobre árbores. Este é o resultado dos power points que fixemos na aula de informática.
domingo, 14 de abril de 2019
UNHA VISITA AO SAHARA
A mellor maneira de saber o que a solidariedade, a xenerosidade e en resumo a loita polos Dereitos Humanos e sen lugar a dúbidas coñecer de primeira man as vivencias de persoas que practican estes valores..
O pasado venres, Fran, pai de Pablo, alumno de 3ºA, veu ao noso cole para contarnos a experiencia que tiveron, como colaboradores do programa Vacacions en Paz, da Ong Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
O pasado venres, Fran, pai de Pablo, alumno de 3ºA, veu ao noso cole para contarnos a experiencia que tiveron, como colaboradores do programa Vacacions en Paz, da Ong Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Fran, que veu acompañado polos seus pais, Lalá e Paco e polo seu fillo pequeno Hugo, fixo unha primeira introdución na que nos falou da situación tan inxusta na que vive o Pobo Saharaui , recluído en campamentos de refuxiados en Arxelia. Falounos de que foi colonia española ata a decada dos setenta do século XX e que agora mesmo ven quebrantados OS DEREITOS HUMANOS básicos como o dereito a ter unha nacionalidade.
Despois contounos como durante varios veráns, na década dos noventa, a súa casa enchíase de ledicia ao recibir a nenos saharauis. Relatou diferentes anécdotas que nos fixeron rir a escachar, como cando abrían as billas da auga e as pechaban enseguida pois non querían que se escapase a auga, ou o rápido que aprendían a andar en bicicleta, a pescar ou a falar o idioma.
Gustounos moito saber que non só eles, senón todo o barrio da Banda do Río recibiron a estes pequenos cos brazos abertos.
En 1998, Fran e a súa nai Lalá, foron a Tinduf, onde se atopan un dos maiores asentamentos de refuxiados.

Falaunos da súa hospitalidade innata, pero tamén da miseria na que sobreviven estas persoas. Fran que, fixo gala da súas grandes habilidades como comunicador e mestre, conseguíu emocionarnos e que todos e todas empatizáramos co este pobo.
Ao final da charla ensinounos un xogo de té tan típico de alí:
Mostrounos moitas fotos
E o que máis ilusión nos fixo: TOCAMOS AREA DO DESERTO, impresionante o fina que era!
Moitísimas Grazas Fran e familia pola vosa simpatía e xenerosidade!
jueves, 11 de abril de 2019
ARTURO SÁNCHEZ CIDRÁS

Arturo foi durante máis de trinta anos mestre no noso colexio. Aínda que é natural da parroquia de Loira de Marín, merece o xentilicio de bueuense máis que os nacidos na vila. Adicou gran parte da súa vida a investigar sobre a historia desta terra e ten publicados en solitario ou en colaboración varios libros.
O seu curriculum é impresionante pero un dos títulos que leva con máis orgullo é o de AVÓ. Un dos seus netos, Martín, é alumno de terceiro.
Hoxe tivo a ben vir ao noso cole a mostrar a Martín e aos seus compañeiros e compañeiras o que había naquelas vitrinas que enchen o corredor polo que pasan todos os días.
Coas súas recoñecidas dotes de mestre, falounos de volcáns, de rochas, mineraise fósiles ou cunchas.
Contounos que ten un anaquiño, de tamaño microscopio, dun asteroide caído na Anártida!
Descubrimos que temos máquinas das antigas salgaduras que son auténticas pezas de museo. A maís de un se nos abría a boca, impresionados polo que escoitabamos.
Subimos logo as escaleiras e descubrimos noutras vitrinas a historia das conserveiras de Bueu. Tamén aquí temos unha impresionante colección de cunchas e buguinas.
Unha dos temas que máis nos gustou foi a dunha rocha de orixe volcánico que veu nun aparello dun barco pesqueiro. Arturo explicounos porqué ten esa forma ou porqué é tan pesada e a historia que tivo no cole ,pois formou parte dunha gran peceira que había na entrada do cole na que habitaba a tartaruga Lola.
MOITÍSIMAS GRAZAS!
QUE SAIBAS QUE PARA A COMUNIDADE ESCOLAR É UN ORGULLO CONTAR COA TÚA PRESENZA NESTE QUE FOI, É E SERÁ SEMPRE O TEU FOGAR!
martes, 9 de abril de 2019
PROXECTO A PREHISTORIA
Este trimestre os alumnos de 4ºB na área de Ciencias Sociais traballamos a Prehistoria. Entre todos completamos o gran mural de aula. Primeiro recopilamos información das distintas etapas da Prehistoria a través de diferentes vídeos, libros da biblioteca e de aula, así como tamén con distintas lecturas coas que aproveitamos para facer comprensións lectoras nas distintas linguas.
Non só indagamos sobre as etapas da Prehistoria, tamén sobre o Universo e a súa orixe, ou sobre CHARLES DARWIN e a súa Teoría da Evolución.
Para elaborar o noso mural de aula fomos escribindo as distintas características de cada etapa, realizando debuxos e esquemas. Así unha vez máis, seleccionamos e resumimos as ideas principais de cada unha.
Tamén completamos a liña do tempo, estudando as distintas etapas da Prehistoria e Historia con datas e feitos importantes en cada unha delas.
Por equipos foron elaborando o tradicional xogo de aula
" O TRIVIAL".
Na aula de informática realizamos distintos KAHOOTS, incluso creando un nós mesmos. Así repasamos todos os contidos dunha forma lúdica e traballamos as novas tecnoloxías.
Traballando por proxectos integramos todas as áreas, en Arts and Crafts por unha banda pintamos pinturas rupestres e por outra banda con arxila realizamos as figuras de arte mobiliar chamadas VENUS, que representan o culto á fecundidade.
Pois con este proxecto sobre a PREHISTORIA damos por rematado este trimestre. Unha vez máis parabéns rapaces e rapazas polo ben que traballades e o motivados que estades.
GRAZAS! ;)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Este curso estamos a facer un novo proxecto, chamado "Medrando en Valores". Na páxina da biblioteca do centro tendes o enlace. Al...
-
Con motivo do día da Paz, o 30 de xaneiro, estivemos facendo un traballo de investigación sobre as ONGs. Así cando recibimos a visita da Cru...




























































