sábado, 7 de mayo de 2011

2º CORRELINGUA DO MORRAZO







O pasado 4 de maio a vila de Bueu volveu a encherse de ledicia ao ser ocupado por mais dun millar de nenos e nenas de diferentes colexios da nosa comarca. A ocasión o merecía, celebrábase o segundo correlingua do Morrazo, outra vez no noso concello.
O Alumnado e o profesorado colexio “ A Pedra acudiu en pleno, vestidos todos con camisetas brancas, previamente decoradas nas aulas con fermosas palabras en galego.
Andoriñas, xoaniñas, agarimos, ardentías, sorrisos, chorimas, xestas, … foron algunhas das palabras elexidas polos nenos e nenas do segundo ciclo, que disfrutaron moitísimo polas rúas de Bueu e bailando e cantando no concerto de Pablo Díaz
.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...