domingo, 8 de mayo de 2011

AGORA TOCOUNOS A NÓS IR AO CEIP DE BARCELOS





Omartes 3 de maio tocounos ao segundo ciclo ir visitar aos nosos amigos e amigas do colexio de Barcelos. Empezamos a mañá con un contacontos, que por certo encantounos! Despois fixemos unha pequena excursión pola zona vella de Pontevedra. Estivemos en varias prazas, Praza da Ferrería, Praza Da Estrela, a Praza da Peregrina, a Praza da Leña, a Praza da Verdura, a Praza da Pedreira, Praza de Méndez Núñez, na Igrexa de Santa María...paramos un pouquiño en cada unha delas, onde un compañeiro ou compañeira contábanos algo relacionado co sitio. Aprendimos cousas moi interesantes, como a historia do loro Rabachol ou que cousas se vendían na praza da Verdura.
E despois dunha longa camiñata, tivemos unha boa merendola no colexio de Barcelos, que fame tiñamos!
Moitas grazas a todos e a todas porque pasámolo xenial! Grazas polo libro dos Bolechas sobre a zona vella de Pontevedra, cada vez que o vexamos recordaremos ese día!

Un saúdo.
4ºA e 4ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...