domingo, 29 de mayo de 2011

CLASE DE BOTÁNICA: 2ª PARTE

QUE CONTENTOS FOMOS PARA CASA!


Foi a culminación da clase de botánica que nos dera o noso SuperRamón alá polo mes de marzo.

Daquela entre outras cousas plantamos unhas sementes de pemento nunha bandexa e un cun escallos plantamos unhas hortensias nun tarros.

Durante este tempo organizámonos para coidalas e incluso durante as vacacións foron para a casa de un de nós.
A semana pasada Ramón avisounos que xa estaban ben, e que era hora de que cada un trouxeramos un bote de iogur baleiro para levarnos cada un, unha planta para casa. Ademais as 3 hortensias as plantariamos no xardín do cole.


Que guais son as clases ao aire libre con Ramón!


Todos, de un en un, fomos metendo a noso pemento no noso iogur e comprometémonos a seguir coidándoo na casa, transplantalo a un tarro máis grande dentro de dúas semanas
e … sobre todo a comelo cando medre!


MOITÍSIMAS GRAZAS RAMÓN!!!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...